Etiquetas

06 diciembre 2015

EMMA GONZÁLEZ BERMELLO

Naceu en Ourense en 1931. Pertencente a unha familia de pequenos empresarios e comerciantes do sector dos electrodomésticos, Enma González Bermello trasladouse a vivir a Vigo aos 3 anos. Nos últimos anos do franquismo é escollida concelleira nesa cidade polo terzo familiar, onde se ocupou de parques e xardíns. En 1978, trala dimisión deJoaquín García Picher, e antes das primeiras eleccións municipais democráticas, foi elixida alcaldesa entre os demais concelleiros. Así converteuse na primeira muller en acceder á alcaldía dunha cidade galega. Mantívose no cargo até as eleccións de 1979.
Nas primeiras eleccións galegas, Enma González concorreu na lista da UCD pola provincia de Pontevedra, e saíu elixida deputada. Foi unha das tres primeiras parlamentarias galegas canda Carmen Lovelle e Flora Veiga, e xurou o seu cargo vestida de traxe tradicional. Na segunda lexislatura foi reelixida, neste caso nas listas de Alianza Popular, mais en 1987 múdase a Coalición Galega. En 1989 abandonaría a vida política.
Vid: Wikipedia

No hay comentarios:

Publicar un comentario