Etiquetas

30 enero 2011

OBDULIA DÍAZ a "AVOA OBDULIA"


Obdulia Díaz está presente estes días na prensa e a razón é ben meritoria pois esta ourensá tivo ao seu coidado, durante a postguerra, a uns douscentos nenos fillos de prostitutas. Ela vivía na zona vella de Ourense, no barrio chino, e acollía aos nenos na súa casa traballando arreo para sacalos adiante. Coa aportación que lle podían facer as nais máis a colaboración doutras persoas como o doutor Gallego, o Padre Silva, a dona da librería Padre Feijóo, o da farmacia Bayón e María del Río que dirixía o Patronato do Enfermo Pobre; e ela lavando sabas puido sacar adiante a estes nenos que a denominan "avoa Obdulia". Contou coa colaboración da súa filla Lola Nóvoa. Agora teñen unha merecida escultura de Manuel Penín na cidade que as lembra as dúas.
A fotografía foi cedida polo meu xeneroso amigo Rafa Salgado que xestiona o blog marabilloso de http://www.ourensenotempo.blogspot.com/
Vid: El País "Ourense descubre a una heroína", 29 de xaneiro, 2011. La Región "Una escultura recuerda la solidaridad de dos orensanas", 29 de xaneiro, 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario