Etiquetas

27 abril 2010

VICENTA LAMAS BARREIRO

Naceu o 5 de marzo de 1893 en Ourense o seu pai era carpinteiro. Foi a primeira muller que se inscribiu a comezos de século de forma oficial no Instituto Provincial onde fixo o exame de ingreso o 21 de setembro de 1904 cando tiña dez anos. 

Matriculouse simplemente nun curso e tan só en catro disciplinas: Lingua Castelá, Xeografía Xeral de Europa, Nocións de Aritmética e Xeometría e Caligrafía, e pese aos éxitos académicos conseguidos, non continuou os estudos.

Casou con Francisco Pérez y Pérez, un prestixioso comerciante de Bos Aires. O matrimonio residía en Arxentina pero acudía a Galicia facendo estancia en Vigo e Mondariz. Logo regresaban a Arxentina embarcándose no barco de vapor Zeelandia.

Pode ser que fora irmá do pintor Francisco Lamas Barreiro e familar do galeguista Cesar Oxea Lamas Barreiro


Vid: Cid Galante, Rosa María., Muller e educación en Ourense (1900-1930) Tese de doutoramento inédita.
Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "A participación das mulleres ourensás no ensino secundario" en Sarmiento, nº 10, 2006, pp. 147-185. Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, " Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: Una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los Institutos. Ourense como ejemplo" en Historia de la Educación, Revista Interuniversitaria, 2007, pp. 437-470.