Etiquetas

04 abril 2009

ELENA SALGADO MÉNDEZ

Naceu o 12 de maio de 1949. É Enxeñeira Industrial nas especialidades de Técnicas Enerxéticas e Organización Industrial pola Universidade Politécnica de Madrid, licenciada en Ciencias Económicas na especialidade de Estrutura Económica pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Métodos Cuantitativos de Xestión pola Escola de Organización Industrial. Foi Directora do Departamento de Estudos no Instituto da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria (1982-1984), Directora Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Economía e Facenda (1985-1991) e Secretaria Xeral de Comunicacións do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (1991-1996). Ademais, foi Directora de Lenci Consulting (1997-2002), Conselleira Delegada de Vallermoso Telecom (2002-2003), Presidenta de 11811 Nova Información Telefónica (filial de Telegate AG) durante 2003 e membro do Consello de Administración de Abertis Telecom (2004). Formou parte dos gobernos de Felipe González entre 1982 e 1996, como Directora do Departamento de Estudos no Instituto da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria (1982-1984), Directora Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas do Ministerio de Economía e Facenda (1985-1991) e Secretaria Xeral de Comunicacións do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente (1991-1996). Tras a derrota socialista en 1996, pasou á empresa privada, traballando en varias empresas do sector das telecomunicacións. Nomeada Ministra de Sanidade e Consumo por José Luís Rodríguez Zapatero. A súa medida máis significativa foi a lei antitabaco que entrou en vigor en España o 1 de xaneiro de 2006. Ese ano aspirou, sen éxito, a presidir a Organización Mundial da Saúde, chegando á última fase, con outros catro candidatos, na que se elixiu finalmente a Margaret Chan (8 de novembro de 2006). Elena Salgado é Ministra de Administracións Públicas desde o 6 de xullo de 2007 e o 9 de marzo de 2008 encabezou as listas do Partido Socialista de Cantabria ás Eleccións Xerais. O 12 de abril de 2008 foi confirmada como Ministra de Administracións Públicas para a IX Lexislatura.
A partir do 7 de abril de 2009 foi nomeada Ministra de Economía e Segunda Vicepresidenta do Goberno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario