RECANTO DE REFLEXIÓNS

25 mayo 2024

A MULLER OURENSÁ NO COMPROMISO SOCIALISTA

Ourense non foi tardía á hora de ver creadas as asociacións de obreiros pois en 1885 fúndase o Centro y Sociedades Obreras cuxa sé estaba na actual praza de Euronciños. Nesta organización confluían ideoloxías diversas pero cun mínimo común denominador que era a defensa e protección dos grupos obreiros e alí estaban socialistas, anarquistas, agraristas e tamén librepensadores e republicanos. Pero foi a raíz dunha intensa protesta en xullo de 1895 por parte dos construtores do Instituto Provincial e posteriormente os obreiros da casa comercial Hijos de Simeón, cuxo punto de interese era reivindicar unha xornada laboral máis reducida, o que deu paso a unha organización máis plausible do socialismo ourensán coa creación da Sociedade de Obreiros de Ourense que aglutinaba numerosos oficios como canteiros, carpinteiros, albaneis, zapateiros, xastres e tipógrafos, metalúrxicos, ferroviarios, panadeiros e oficios varios. Uns meses, en outubro, xorde a Agrupación Socialista de Ourense cuxo centro de reunión será a Casa do Pobo. Recollía así El Socialista a noticia:

Dentro de pocos días quedará constituída la Agrupación socialista. Los correligionarios de esta localidad nos hacen saber el sentimiento que les ha causado la muerte de Engels, y su protesta por los atropellos de las autoridades y por las calumnas de los periódicos republicanos" (1)

Así pois, tal como nos indica Quintas Ferreño, o número de sociedades obreiras en Ourense era de 35, había 20 na capital e 15 no resto da provincia, principalmente de Carballiño, Bande, Celanova, Cambeo aglutinando varios sectores (traballadores, canteiros, oficios varios, albaneis, curtidores, panadeiros, obreiros do mental...) e 25 agrupacións agrarias, unha capital e outras repartidas pola provincia dos Velle, Cerreda, Caldas, Cudeiro, Coles, Santa Mariña do Monte, Vilar de Canedo, A Gudiña, Castrelo do Vaol, Verín, Laza...Coa creación da Agrupación Socialista producese unha comunión dos diferentes sectores industriais da cidade e provincia aos que se suma o agrario. 

A nosa cidade e provincia vivirá momentos de intensas e interesantes protestas de diferentes sectores o que dá mostras de que os obreiros comezaban a sentirse arroupados para reivindicar melloras laborais pero precisábase un maior compromiso grupal e non tan gremial, de aí que  a agrupación socialista tamén organizase actividades lúdicas como excursións como xeito de hermanar aos integrantes, como por exemplo a do 14 de setembro de 1913 que realizaron a Monforte (2). Non obstante, tal como indica Quintas, o número de asociados foi baixa ao comezo pois estaba entre 20 e 32 inscritos pero desde 1918 vai apreciarse un notable aumento e unha consolidación do movemento obreiro socialista.

Un pulo importante para esta agrupación socialista foron as visitas que fixo Pablo Iglesias a Ourense, a terra natal do seu pai, en setembro de 1896, en 1899, 1907 e 1914. Sen dúbida, quixo ir reforzando o obrerismo en Ourense. Este chegou a manter unha moi boa relación con Manuel Suárez Castro, o grande  dirixente ourensán con grande capacidade de congregación, que puña ao día ao líder socialista nacional sobre a marcha do socialismo en Ourense. 

Fronte ao agromar do mundo obreiro ourensán vai vir paralelo o movemento social católico en Ourense promovido pola xerarquía diocesana. A Igrexa non quería deixar escapar a súa influencia social e aferrouse ao obrerismo de tinte católico facendo ver que a relixión era o medio liberador da situación dos traballadores. Comeza a actuar a  raíz da folga xeral acontecida no 1900 organizada polo Centro de Sociedades Obreiras. A intención era atraerse aos patróns e poñer freo á expansión da Sociedade de Obreiros de Ourense que estaban levando a cabo numerosas folgas e incorporando un gran número de obreiros de diferentes sectores laborais. 

E neste xurdimento do socialismo cómpre pensar que cabida tiñan as mulleres no ámbito  estatale as ourensás en particular. Segundo Capel, dentro do socialismo había tres formas de entender a integración das mulleres. Por unha parte estaban aqueles que entendían a igualdade xurídica e política entre homes e mulleres; doutra estaban os que consideraban que a muller debía ser respectada como compañeira e así mesmo inculcar os ideais ás súas mulleres e nais e, por último estaba a terceira postura que defendía que socialismo e feminismo eran movementos diferentes pero complementarios pois os dous falan da emancipación da muller.

Cabe preguntarnos: Cal das tres era a que podía intuírse ou  supoñerse no Ourense da época? Talvez, das tres posturas, na nosa provincia a que máis cabida podería ter era a segunda, isto é, a de considerar ás mulleres como compañeiras ás que había que inculcar os ideais para que elas, á súa vez, fosen trasmisoras dos seus principios nos círculos sociais e familiares onde se desenvolvían. Unha idea que non era novidosa pois  tamén o Grupo Feminino Galeguista considerábase coa misión de facer ver que a muller era unha canle para facer valer o galeguismo entre o sector feminino. E, por suposto, a Igrexa e todas as asociacións e agrupamentos católicos tamén contemplaban que a muller era a transmisora dos seus dogmas e axiomas. Pero, polo de agora, o rol das mulleres ourensás no socialismo non están moi claras. Ben é certo que o mundo feminino da provincia estaba moi determinado polo preceptuado polo tradicionalismo e o mundo eclesiástico. As ourensáns parecían ir por detrás das súas homólogas das provincias galegas nas que a actividade industrial favoreceu que o Partido socialista contara coas súas representantes que facían asembleas e tiñan unha intensa actividade. Unha demostración evidente do activismo que comezaban a desenvolver as galegas. 

Madrid e País Vasco foron os territorios nos que primeiro viron xurdir o socialismo feminino, en concreto a Agrupación Feminina Socialista de Bilbao xorde en 1904 e a de Madrid en 1906. Logo irán aparecendo en Barcelona, Eibar, Erandio, Capdepera, Mieres, Sevilla, Reus, Elxe, Valencia, Yecla, Puertollano, Castellón, Navas de San Juan, Camuñas, Puebla de Cazalla, Puebla de Alocer, Helechal, El Bonillo, Cazorla, Urrea de Gaén e Viscaia. Estas agrupacións foron xurdindo desde 1910, logo durante a República e incluso a Guerra CivilGalicia tamén contará con algún exemplo. En efecto, xa a finais do século XIX aparecen asociacións de mulleres traballadoras no sector conserveiro en Vigo que velan polas súas condicións laborais e, xa xunguido ao movemento socialista, aparecen en A Coruña e O Ferrol os Grupos Femininos Socialistas cunha interesante actividade, en especial, o de Ferrol cuxo principio fundamental era facer triunfar os ideais de redención da sociedade. O Grupo Feminino Socialista de O Ferrol desenvolveu unha intensa actividade. Ademais das súas asembleas tamén organizaba conferencias de temática social,  algunhas delas, incluso foron prohibidas polas autoridades, tamén facían actos culturais e promoveron a creación de bibliotecas para difundir a cultura. Tomaron iniciativa á hora defender a infancia e levaban a cabo campañas de protección aos nenos e nenas.

Por suposto, encabezando as agrupacións van estar mulleres tan interesantes e notables como Virginia González Polo, oriúnda de Valladolid pero que se desprazou a Bilbao coa familia e alí foi onde comezou a achegarse ao socialismo. Estas líderes preocupáronse de incitar e animar a todas as mulleres a sumarse ao Socialismo e percorrían a xeografía española con ese propósito. Virginia veu varias veces á nosa cidade. Unha delas foi en 1908, trece anos despois de que se fundara o Centro de Sociedades obreiras de Ourense. O local onde interveu estaba ateigado de xente e estaba presidido por Ramón Pousa. Primeiro pronuciou unhas palabras o Señor Cernadas que aludiu a que Virginia González e Belén Sárraga eran modelos a imitar polas obreiras e que "Es preciso que los obreros eduquen a sus mujeres para poder dar la batalla" (3) . Parece claro e evidente que o socialismo ourensán quería botar man das mulleres para que sumaran ao socialismo.

A continuación falou a convidada e aludíu á crise obreira e dixo que a causa dela era que España non podía competir cos outros países máis produtivos e que se pretendía abaratar o artigo explotando ao obreiro. Logo seguíu a falar sobre a importancia de achegar ás mulleres ao socialismo e dixo que os socialistas ourensás debían traballar para a emancipación da muller, debían educala coa tenrura e agarimo para apartala do fanatismo relixioso e facer que entre a formar parte do movemento socialista. 

Outra visita foi en maio de 1918 invitada pola Agrupación Socialista de Ourense e pronunciou uns mitins moi aplaudidos.  Recolle así El Socialista a súa visita:

Invitada por la Agrupación Socialista dio una conferencia de propaganda socialista la compañera Virginia González...Fue muy aplaudida por la numerosa concurrencia. A la terminación del acto numeroso público la acompañó hasta el hotel, dando vivas al Comité de huelga y a todos los mártires del mes de agosto. También dió otra conferencia dedicada a los obreros sastres, que se encuentran en huelga; la numerosa concurrencia prodigó muchísimos aplausos a tan valiente luchadora. Los niños de la escuela laica la regalaron un hermoso ramo de flores, como demostración de cariño. Han sido de gran importancia todos los actos realizados, estando todos ellos muy concurridos, demostrando de esta forma que a pesar de las persecuciones nuestras ideas adquieren una gran preponderancia en el pueblo". ( 4)

Belén Sárraga de Ferrero, intelectual, periodista, escritora, anarquistas e ligada á masonería tamén acudiu á nosa cidade. Foi invitada en marzo 1906 pola agrupación Juventude Republicana para que dese un mitin e hospedouse no Hotel Roma. Era unha muller impetuosa que rompía os estereotipos impostos ao mundo feminino e serían exemplo para as mulleres de Ourense. O mitin foi na finca Las Lagunas, na estrada de Monforte, onde a recibiron con salva de bombas. Ao seu mítin acudiron, segundo indica a prensa "dos millares de personas, entre ellas gran número de artesanas y domésticas".  Polo tanto, moitas mulleres ourensáns sentíronse atraídas e fascinadas por estas líderes que rompían os moldes e estereotipos femininos impostos.

O obreirismo ourensán tiña como centro de operacións a Casa do Pobo que foi inaugurada con grande ilusión en maio de 1929 facéndose eco do evento na prensa pois foi multitudinario. Por fin, os obreiros e as obreiras podían ter un lugar onde sentir esa loita e comuñón de traballadores. E será durante a República cando se fortaleza co crecemento das forzas socialistas.

Pero desde logo, as mulleres no eido socialista aínda eran inéditas, alo menos desde un punto de vista nominal. Cabe pensar que os socialistas orensáns contarían co apoio das familias e donas pois así se foron conformando no primeiro decenio de século a Agrupación feminina socialista de Bilbao, a da Rioxa, a de Sevilla, a Agrupación Feminina Socialista de Madrid, Menorca..., mais non pareceu haber un compromiso público das ourensás, tal como acontecía noutras provincias galegas nas que a agrupación de mulleres reivindicativas esra máis palpable. E esta realidade era así pois a participación das mulleres no eido profesional era baixa. Agora ben, habelas houbas pois cando foi da celebración do 1 de maio de 1896, o primeiro que celebraba a Agrupación Socialista pois había tan só uns meses que esta se creara, El Socialista recolle a noticia indicando que "El local social estuvo adornado todo el día con colgaduras rojas e iluminado por la noche a la veneciana. Al meeting organizado por las Sociedades Obreras han acudido más de 3000 personas: el bello sexo estaba representado por 400 compañeras..." (11). Tamén son recollidas nos xornais as noticias sobre as celebracións do Día do Traballo que as sociedades obreiras organizaban. Viñan a ser conmemoracións vindicativas moi festivas pois chegaba a haber ata sete bandas de música e "unha imponente manifestación de ciudadanos" que percorría desde o Xardín do Posío as rúas céntricas de Ourense ata finalizar no Goberno Civil onde achegaban as súas peticións. Noutras celebracións, como a de Canedo, dise que desfilaban os nenos da Escola Laica con banderíns mentres se escoitaba a Marsellesa e logo de rular polas rúas remataban facebdo unha festa-verbena na Alameda. Se isto era así, é de supor que nesas manifestacións tamén acudirían as mulleres. De feito, na festividade do traballo celebrada do 1 de maio de 1904 dicíase que "concurrieran muchas y lindas obreras" e nunha celebración en Carballiño levaban a bandeira republicana Milagritos Sánchez e Elvira de los Arcos que ían tocadas co gorro frixio.  El Socialista tamén achegaba noticias da celebración do Día do Traballo en Ourense e publicou que no festexo de 1908, ademais do mitin, a manifestación e a xira pola mañá,  fíxose outra pola noite.  Especificou que na da mañá houbera tres bandas, dezaseis bandeiras e 5000 almas e que diferentes sociedades obreiras participaron nese día (12). Polo tanto, a muller ourensá viuse implicada co socialismo pero, tal como era habitual, eran desnombradas nos rexistros de afiliación.

A resistencia feminina a visibilizarse na política, no senso de afiliación, podía entenderse xa que en Ourense o vórtice fundamental de aglutinación das mulleres ourensás era a Igrexa, que soubo adoutrinar ben á muller. Esta exercía un papel relevante como titora da moral feminina. En efecto, tiña baixo o seu contro a cuantiosas asociacións relixiosas cun grande número de adeptas que eran o bastión da relixiosidade. As súas afiliadas eran maiormente burguesas e damas de aboengo  de inquebrantable relixiosidade que actuaban de escudo ante as novas ideas que perturbaran a vida "honrosa" das mulleres e que ían influír sobre as ourensás das clases máis humildes. Son agrupacións que comezan a súa cruzada urxentísima na República xa que, ao seu entender,  impregnaba de laicismo á vida social, de aí que sen dubidalo o Comité Provincial Femenino así manifestaba: 

Orensanas: a la Cruzada Santa de la Reconquista espiritual y material de España. Por la religión, por la justicia, por la libertad, por Galicia, por la patria”, en defensa dos valores tradicionais e en contra dos postulados republicanos. (6)

Debemos ter en conta  tamén que Acción Femenina Gallega tiña en Ourense unhas 12.000 afiliadas que foron as que en maio de 1933 apoiaron un escrito enviado ao presidente da República para que non sancionara a Lei de Congregacións e Confesións relixiosas por consideralo oposto aos tradicionais sentimentos relixiosos.(7). 

A Igrexa non perdía tempo á hora de constituír agrupacións de mulleres. Coñecido era o Sindicato Católico do Servizo doméstico en Ourense que tratou non só de ofrecer xa desde 1915 pensión na Casa para Domésticas mentres non atoparan traballo e cursos formativos nas Escolas Dominicais senón que tamén procurou aleccionalas no seu comportamento de servilismo cara as súas patroas e impoñendo o a estrutura de clases. Talvez soubesen que noutras localidades do Estado dito sector estaba a organizarse en sindicatos reivindicativos na órbita do socialismo e ante o temor de que iso acontecese na nosa cidade e provincia procuraron controlalas, había que evitar por todos os medios perder adeptos nas clases populares ante o sindicalismo socialista.

A muller no mundo laboral

A pouca participación da muller no mundo laboral tampouco favorecía que esta se comprometese cos movementos obreiros. 

Na provincia de Ourense, había unha baixísima porcentaxe de mulleres que realizaban nestes anos un traballo fóra do fogar e conforme avanzaban os decenios a taxa ía en descenso pasando dun 18% de mulleres activas en 1900 a un 10,7% en 1930. Dito decrecemento tamén foi experimentado nas taxas masculinas e isto foi debido a varios motivos como son: contenda bélica mundial, a crise da gripe de 1918 e a intensa emigración.

Para saber que tipoloxía de traballos desempeñaban as mulleres activas do primeiro terzo de século remitimos ao cadro no que se consideraron as categorías sociais.

Poboación activa na provincia de Ourense (1900-1930)

 

1900

1910

1920

1930

Homes

31,59%

29,42%

27,44%

29,76%

Mulleres

18,52%

9,7%

5,99%

10,74%

(Fonte: elaboración propia a partir dos Censos)

 Porcentaxe de mulleres activas por categorías sociais (1900 e 1930)

 

1900

1930

 

Capital

Provincia

Capital

Provincia

Agricultura

12%

43,21%

1%

22,67%

Industria

9%

1,44%

3%

2,3%

Transportes

1%

0,07%

0%

0,02%

Comercio

1%

0,15%

2%

0,34%

Administración

0%

0%

0%

0,01%

Hostalería

0%

0,04%

0%

 

Culto relixioso

1%

0,06%

1%

0,10%

Medicina

0%

0%

0%

0,02%

Docencia

1%

0,4%

1%

0,4%

Espectáculos

0%

0%

0%

 

Servizo Doméstico

12%

2,51%

10%

1,79%

Membros de familia

63%

52,30%

82%

72,31%

 
(Fonte: elaboración propia a partir dos censos.)
Podemos apreciar que en 1900 a distribución das mulleres por categorías sociolaborais respondía a unha cuestión mediatizada polo ambiente e mentalidade da época. En primeiro lugar a maior parte do sector feminino ourensá víase abocado ás actividades domésticas convencionais, as propias do seu sexo, en definitiva, a ser amas de casa aínda que, obviamente, unha parte destas mulleres así rexistradas ían compartir co home as tarefas agrícolas.

A outra metade da poboación feminina repartíase entre as ocupacións ligadas ao campo, servizo doméstico, oficios varios de costureiras, modistas, panadeiras, etc., e finalmente, con escasa ou nula representación, as empregadas-asalariadas no pequeno comercio, servizos (empregadas, funcionarias, profesionais liberais, etc.) e industria. Comparativamente co home, a participación feminina era inferior nas faenas agrícolas, oficios, estudos e servizosAnalizando os datos, e diferenciando a capital do resto da provincia, pode observarse que as porcentaxes nas categorías de carácter máis industrial e de servizos aumentaron levemente na urbe reducíndose as dedicadas á agricultura, pero tanto na capital como na provincia as mulleres aglutinábanse no traballo doméstico. Isto confirma que a realidade sociolaboral da capital  se viu apeada do proceso modernizador das sociedades urbanas da época; de aí que houbera un baixísimo volume de mulleres que exerceran unha actividade remunerada.

Os cambios operados no 1930 foron bastante leves aínda que sobresae a diminución experimentada na porcentaxe de poboación activa dedicada á actividades agrarias tanto no ámbito urbano como rural. No caso da capital a poboación que se perdeu da agricultura encamíñouse a ocupar postos noutros sectores como o industrial-artesanal e o de servizos debido ao proceso transformador provocado pola ampliación do seu espazo físico e a aparición de novos campos laborais, aínda que isto non vai xerar un importante  cambio nas formas de vida e produción. En canto á ocupación da muller, hai que dicir que apenas houbo variación con respecto a 1900 manténdose a súa participación naqueles oficios ligados ás tarefas femininas convencionais ben como amas de casa ou ben como servizo doméstico, sen apenas chegar a penetrar nas profesións cualificadas, nin por suposto, nos sectores máis dinámicos da cidade como o comercio, a banca e profesións liberais. Con todo, é evidente que, a pesar da mellora educativa ao longo destas tres décadas, a muller seguiu permanecendo recluída no fogar. Así mesmo, a ditadura de Primo de Rivera afianzara aínda máis a simboloxía de muller tradicional, nos parámetros da Unión Patriótica e por ende de Acción Católica da Muller.

E, Que sucedía no mundo rural? Probablemente as mulleres rurais, por un desenvolvemento maior da súa actividade fóra do ámbito doméstico, como o coidado das fincas, do gando, o uso dos lavadoiros comúns,  a participación nas actividades que englobaban a máis xente como podían ser recolleitas, mallas, fiadeiros, etc., terían unha proxección pública e un desenvolvemento dos  lazos de solidariedade e sociabilidade maior que a urbana. Agora ben, estes vínculos sociais deben entenderse dentro do contexto rural onde os espazos son máis pequenos, hai menos poboación e as normas establecidas preservábanse. As mulleres do ámbito rural tiñan adxudicadas unha serie de encomendas que supuñan auténticas sobrecargas esgotadoras, situación que Pardo Bazán recolleu moi ben no texto La Gallega onde dicía que a muller galega, ao tempo que, ano tras ano, traía fillos ao mundo, sachaba, segaba e realizaba as tarefas agrícolas. Por tal motivo, isto non ten nada que ver cunha proxección pública e social pois as mozas rurais, moi vinculadas coa tradición, pertencían á casa, á familia e aos labores agrícolas. Pero, hai que ter en conta que as ourensás do mundo rural tamén terán ocasión de manifestarse e protestar contundentemente contra as cargas dos consumos. 

Con estes datos corrobórase a escasa articipación da muller no mundo laboral extradoméstico póndose de manifesto a perdurabilidade dunha mentalidade conservadora como consecuencia da propia estrutura económica ourensá e dos hábitos herdados que avogaban pola muller no seu espazo privado onde debería atoparse feliz e plena. Por conseguinte, a implicación en asociacións obreiras, sindicais ou de partido estaba moi lonxe do que acontecía noutros territorios galegos onde as mulleres estaban integradas nas fábricas e acabaron tomando conciencia obreira, aínda que a República traerá aires moi novedosos para a vida das mulleres. 

Pero a implicación das mulleres no socialismo tamén era residual no resto do Estado e iso ponse de manifesto nun escrito asinado en Madrid o 26 de novembro de 1918 por Claudina Garcia e publicado en El Socialista. Titulouno "¡Sólo tres mujeres!". Dá queixa de que no XI Congreso do Partido Socialista Obreiro, ao que ela asistiu, só interviran tres mulleres, unha do Comité Nacional, outra a Delegada da Agrupación Feminina e unha terceira que representa aos agricultores de Toledo. Di que son poucas mulleres para defender cousas tan importantes e que "¿ No hay mujeres que sientan las ganas de rebelarse en contra de los opresores, cuando con nosotras son, precisamente más injustos?". Argumenta que debe ser misión das mulleres buscar a redención:

(Fonte: GARCÍA, Claudina, "Sólo tres mujeres", El Socialista, 28 de novembro de 1918, p. 1).

Pero Claudina seguirá manifestando por medio dunha serie de artigos en El Socialista a necesidade de implicar máis ás mulleres. No publicado o día 11 de novembro de 1928 dicía que a situación da muller vén determinada pola educación que se recibiu ao longo dos tempos e fala da escravitude que ao longo dos tempos leva sufrindo por causa dos homes. Vai solicitar aos seus compañeiros socialistas que capaciten ás mulleres para que sexan elas as que falen ás súas compañeiras pois empregan a súa mesma linguaxe. 

Agora ben, reflexiones e fagámonos a seguinte pregunta: Acaso o mundo feminino non é propenso ao socialismo de xeito inconsciente ou como algo inherente á condición feminina? Non é lícito pensar que a muller é propensa a un socialismo natural? Non é verdade que ten unha predisposición ao compromiso social polos seus, polos seus fillos e fillas, levándoa a ser capaz de revoltas, se é preciso, para evitar que a súa descendencia se vexa desprotexida e prexudicada? Non é certo tamén, que moitas practicaban algún certo socialismo relixioso procurando a mellora e igualdade da sociedade? Porque, en efecto, veremos como en Ourense, como así aconteceu ao longo dos séculos e en moitos feitos e acontecementos históricos mundiais as mulleres saíron ás rúas para defender o que crían que era de xustiza.

Agrupamento das mulleres ourensás

Visto o cal, en Ourense pouco podemos dicir no que atinxe ás mulleres sindicadas ou organizadas. Non se constata ningunha asociación propiamente obreira por parte das mulleres. Si cabe destacar a creación en 1907 do Gremio de Sirvientas y Costureras que funcionarían en defensa do seu sector pero non se lle recoñecen feitos concretos de reivindicacións. 

Pero fronte a elas cabe reflexionar que as mulleres máis humildes, que se ven avocadas a unha vida máis limitada, van ser capaces do que sexa necesario con tal de protexer a vida dos seus. Vexamos algún exemplo destas agrupacións de carácter gremial cuxas protagonistas foron as mulleres que emprenderon accións a imitación de protestas socialistas do momento en Ourense aínda que as mulleres permaneceron anónimas.

a)As leiteiras 

En Ourense non se levou a cabo unha organización de mulleres que reivindicaran para si os dereitos negados, en efecto, non parecía existir entón un sentimento de grupo e as poucas iniciativas que houbo foron de índole puntual e esporádico. Neste senso teriamos que falar de determinados conflitos que aconteceron na provincia ourensá nos que se viron inmersos certos sectores laborais desempeñados por mulleres e que non deixan de ser un pretexto para que se aglutinaran. Tal foi o caso do protagonizado polas leiteiras contra o Concello e tamén das amas de cría contra a Deputación. No caso das leiteiras o incidente máis salientable aconteceu no mes de novembro de 1918 cando estas expendedoras de leite non concorreron ao mercado en sinal del protesta contra as medidas acordadas polo Concello así que non había suficiente leite para abastecer ás numerosas persoas que, durante a crise da gripe, estaban sometidas a un réxime lácteo. A situación creada provocou algún altercado, pois segundo a prensa local:

Las pocas lecheras que ayer vinieron fueron hostilizadas y coaccionadas por las que no querían entrar en el pueblo, y alguna llegó a ser agredida”(8).

O malestar veu motivado porque a Corporación Municipal instaurara a regulamentación do servizo de inspeccións de leite constituíndo unha Sección especial no Laboratorio Municipal de Hixiene. Neste departamento as Leiteiras debían inscribirse nun libro de rexistro onde figurara o número de orde do expendedor, o nome e apelidos, o lugar de residencia e unha nota dos días en que eran recoñecidas as mostras de leite. A máis disto tiñan a obriga de presentar no laboratorio todos os utensilios que utilizaban para o reparto para proceder a marcalos cunha medalla onde figurara o número de orde correspondente ao expendedor. Estas medidas contribuían a garantir a confianza no leite que se distribuía, de tal forma que se algunha vez se recollía o leite en malas condicións quedaba figurado no control chegando a multarse á expendedora no caso de que volvera reincidir. O Axuntamento dispuxo ademais o pago dunha peseta pola marca da vasilla e isto foi o detonante da protesta das leiteiras ourensás en 1918 que pensaban que tiñan que aboar o pago cada mes e non era así. Unha comisión deste grupo de mulleres acudiu á Alcaldía porque non estaban dispostas a someterse ás esixencias á que as obrigaba o Concello e aconsellóuselles que parlamentaran coa autoridade municipal para que expuxeran as súas razóns. Aclarado e encarreirado o problema, de novo as leiteiras acudiron masivamente ao mercado inscribíndose algunhas no rexistro do Laboratorio entregando as vasillas para que foran marcadas, así que as leiteiras estaban dispostas a seguir as normas aínda que circulaban infundios de que a este colectivo se lle facía pagar uns tributos.

De grande interese é a carta emitida por una asinante como "Leiteira dos arrabais" que xustificaba o prezo ao que vendían o leite dadas as circunstancias que estaban pasando debido á gripe. Argumenta que ten ao seu home convalecente e precisa alimentos nutritivos:

(Fonte: La Región,  8 de outubro de 1918, p. 1)

Pero outro problema co mesmo sector xurdiu anos máis tarde, no 1922, cando, de novo, dende o Concello indicóuselles que rebaixaran o prezo do leite a 30 céntimos. Esta suxestión creou certas tensións e as leiteiras dicían que estarían dispostas a vendelo a dito prezo sempre e cando tamén se reduciran os prezos doutros artigos de primeira necesidade (aceite, pan, carne, bacallau e artigos de vestir). Véxase como era recollida esta información pola prensa local, neste caso, La Zarpa que fidel á súa liña máis reivindicativa toma partido en favor das leiteiras:

“Los guardias municipais y los de seguridad, cumpliendo ordenes del Alcalde, trataban de obligar ayer a las lecheras a vender la leche a 30 céntimos, llegando a cometer con ellas algunos atrópellos.

Está visto que este Alcalde, cuando se dispone a hacer algo, es indefectiblemente una barrabasada. Para meterse con infelices mujeres y echárselas de autoridad no tiene empacho alguno

Esas pobres campesiñas están dispuestas a rebajar el precio de la leche, en caso de que a los comerciantes se les exija la rebaja de otros artículos de primera necesidad como el aceite, el pan, la carne, el bacalao y artículos de vestir. Y tienen razón que les sobra (9).

b)As amas de cría

As amas de cría ou as nodrizas da inclusa tamén foron protagonistas dalgún que outro altercado coa Deputación en relación aos atrasos dende facía oito meses da paga. Por iso non dubidaron en acudir á redacción do periódico La Zarpa para manifestar o seu descontento e poñer en evidencia un problema que lles prexudicaba pois algunhas tiñan poucos recursos para manterse. (10)

c) Mulleres de Ribadavia contra o imposto dos consumos

As mulleres ourensás, malia estar educadas para seren dóciles e seguir os preceptos patriarcais, foron quen de encararse cando eran presas das inxustizas. Tal foi o caso das mulleres de Ribadavia que outubro de 1889 se amotinaron no Concello para protestar polo arriendo dos consumos. O caso é que o imposto a consumos supuña gravar os prezos dos alimentos máis esenciais e as mulleres non estaban dispostas a soportalo. Era un imposto indirecto establecido en España no século XIX  e vixente ata 1920 e que trouxo consigo un gran malestar e foi motivo de moitas protestas. Pois ben, en Ribadavia, cando o alcalde  se dispuña a debater no pleno o asunto do imposto dos consumos, un grupo de mulleres fóronse xuntando na praza e comezaron a proferir en altiva voz frases de protesta. Non conformes co iso, chegaron a asaltar a Casa Consistorial presentándose en tropel no salón de sesións. O Alcalde pretendeu animalas a disolver a protesta prometendo que non se ía tomar medidas que prexudicaran os intereses do pobo. Cando o Alcalde se dispuña a abandonar o Concello foi perseguido polas manifestantes a algunhas colleron paus. A pesar da intensa protesta a situación chegou a calmarse.

Este feito dá imaxe de que as mulleres non temeron defender aquilo que consideraban preciso. O imposto dos consumos levou a varias manifestacións de protesta. Segundo se publicou no xornal El Socialista o 23 de febreiro de 1906, A Agrupación socialista de Ourense organizou un mitin no Centro Obreiro reclamando a súa supresión e todas as colectividades obreiras se adheriron como tamén se sumaron a Sociedade de obreiros agrícolas de Canedo.

d) Mulleres que se amotinan en Ourense

Eran anos difíciles. Os anos da primeira guerra mundial converteron a España en potencia exportadora e terra propicia para o investimento estranxeiro. Malia a prosperidade e a expansión económica produciuse a alza de prezos e unha escaseza de produtos de primeira necesidade pois eran vendidos aos países belixerantes, quedando desabastecido o mercado nacional. Dobraban ou triplicaban os seus prezos produtos primarios. En todos os recunchos da península sucedéronse folgas, disturbios e loitas nas rúas.

En xaneiro de 1918, meses antes do fin da guerra, unha multitudinaria e pacífica manifestación de ourensáns (dise que cinco mil que arrincaron desde o Xardín do Posío)  organizada pola Federación de Sociedades Obreiras e Agrícolas, encabezados polo propio alcalde, esixira ao Goberno Civil o establecemento dunha taxa ou prezo fixo para todos os artigos de primeira necesidade, así como a prohibición de que fosen exportados (16). Diso encargouse unha Xunta Provincial de Subsistencias, que contaba con varios inspectores que trataban de evitar que saíse ilegalmente mercadoría da poboación ou que esta se vendese a prezos desorbitados. Aínda así as taxas non se respectaban e proliferaron os altercados nos mercados e os asaltos a carros de transporte. Como aconteceu na vila de Allariz onde as mulleres asaltron o mercado.

O acontecemento foi en xullo de 1918. Na vila houbo unha grande manifestación e protesta contra os “acaparadores de centeo, millo e fabas”. A multitude, dise que tres mil persoas, chegou a asaltar o carro cargado dalgúns dos cereais, propiedade de José María de Tiedra. Desvalixaron o carro e, posteriormente, acudiron ás casas dos industriais Angel Nestal e Gregorio Ruiz pois supuñan que tiñan centeo acaparado. Tamén detiveron o carro de Camilo Castaño de Xinzo, cargado de centeo e obrigárono a que o vendese ao prezo de dezasete reais ferrado e non a vinte e tres como se estaba a vender no mercado. As protestas das mulleres chegaron á casa do alcalde. Elas foron as que, ante a necesidade, non tiveron reparo en pedir xustiza.

O malestar dos ourensáns ante a carestía da vida chegou a un punto límite eno 18 de maio de 1920. A xente empezou a protestar contra o proceder dos acaparadores e a escaseza de subsistencias. Ante o berro dunha muller que dixo “¡a los comercios!” un grupo dirixiuse a asaltar o almacén de ultramarinos de Florentino Moretón, mentres o groso da multitude encamiñábase ao centro da cidade e apedreaba canto almacén atopaba ao seu paso na rúa Progreso. Tamén falábase de asaltar os almacéns de fariña e comestibles na Ponte Maior:

Un grupo bastante numeroso de mujeres se dirigió al Puente Mayor, con el dedicido propósito de vaciar los depósitos de mercancías que allí hay, algunos de los cuales son muy importantes por la cantidad de existencias que almacenan….No se recataban los asaltantes en ocultar su botín, antes bien lo iban mostrando a todos. Durante una hora fue un desfile constante de sacos, cajas y latas de diferentes comestibles. (15)


(Fonte: El Socialista. 18 de maio de 1920, p. 1.)

As mulleres empuñaban grandes estacas e non deixaron un vidro san na planta baixa dos almacéns dos Fillos de Simeón García e trataron de asaltar outros comercios. Un dos comercios no que máis dano causaron foi o Bazar Cisneros en plena Praza Maior. Entraron e levaron canto lles veu en gana e as mulleres ían dándose unhas ás outras os mil obxectos que ían sacando ante a mirada impasible das autoridades.
 
Como as forzas de seguridade e da garda civil eran insuficientes para conter á multitude, saíron á rúa as tropas a petición do gobernador, pero o comandante militar tivo que advertir á autoridade civil que serían inmediatamente retiradas a non ser que se declarase o estado de guerra. As tres da tarde publicouse a lei marcial.

Houbo varios feridos, entre eles varias mulleres: María Iglesias, de 23 anos, da Lonia, casada e modista tivo unha erosión contusa na testa con pronóstico reservado; Juana Iglesias de 18 anos, de Ourense, solteira e modista recibiu un tiro na cara con pronóstico reservado. Teresa Pérez, solteira, de 33 anos, de Lugo; ferida no pavillón da orella dereita; Carmen Pereira, de 44 anos. Ferida de tres centímetros na man esquerda.

As perdas foron cuantiosas pois esnaquizáronse moitos comercios. Ourense permaneceu paralizada durante varios días, sen xornais, sen transportes públicos e con todo o comercio pechado. Mentres, o que máis quebradizos de cabeza ocasionaba ás autoridades era o asunto da fariña. Tiñan noticias de que había almacenados na cidade máis dun millón de quilos, pero a taxa estipulada para a súa venda levaba aos almacenistas a reter a mercadoría. A Xunta de Subsistencias acordou finalmente incautar un corenta por cento das existencias e rebaixar dez céntimos o prezo de quilo de pan.

Volta a tranquilidade, cominouse aos comercios a que abrisen as súas portas e ás vendedoras do mercado a volver aos seus postos. Con todo, durante un tempo faltou por completo na cidade o leite, as hortalizas e os legumes, con gran descontento da poboación. A pesar da impotencia das autoridades para atopar unha solución, boa parte da cidadanía apoiou ao Concello e ao Goberno Civil. Pero o problema da escaseza e carestía dos produtos de primeira necesidade continuou enturbando a vida social e política da cidade das Burgas.

Pero outro brote de rebeldía produciuse en setembro de 1920 no que as mulleres tomaron a inciativa. O día 13 de setembro de 1920 un acontecemento chamativo aconteceu na cidade de Ourense. Un grupo de mulleres se amotinaron ante o Concello sendo alcalde Don Francisco Villanueva Lombardero pois protestaban polo desabastecemento do preciado alimento dos ovos, un alimento de primeira necesidade. Non conformes con iso tamén se dirixiron ao Gobernador, José López Boullosa. A situación era preocupante nunha época onde, tras a crise da gripe, a poboación precisaba ter garantías de alimentos. Este problema non era único pois en Pontevedra tamén se produciron protestas polos prezos dos ovos consiguindo que se abarataran.

O periódico El Socialista faise eco da noticia e di literalmente:

A las ocho de la noche organizóse ayer en la plaza Mayor una imponente manifestación de mujeres, la cual se dirigió al Gobierno civil para protestar contra la forma en que se hace el rparto de los huevos tasados. las manifestantes llevaban tres horas formando "cola" y al cabo de ellas se les dijo que se había agotado la mercancía. El gobernador recibió a la Comisión de mujeres y les prometió atenderlas. Después les recomendó que se disolvieran y se retiraran a sus casas. En la ciudad escasean los artículos de consumo. A causa de la falta de harinas algunas tahonas han subido a noventa céntimos el precio del pan.

(Fonte. Fundación Pablo Iglesias. El Socialista, 14 de setembro de 1920, p. 3).

Polo tanto, aínda sen igual pretendelo, ben é certo que estas mulleres que protestaban en Ourense , sen denominarse socialistas, cos seus actos parecían selo.  

e)As mulleres no mundo agrario

O socialismo tamén incorporou dentro dos seus principios reivindicativos as causas agraristas. As sociedades agrarias foron xurdindo impulsadas e inspiradas polas ideas republicanas e socialistas. En Ourense será Basilio Álvarez o líder do momento agrario e dita agrupación vai mitinear polos pobos contra o caciquismo e os foros. As mulleres campesiñas tamén van ser un apoio máis e neste caso temos que citar a Francisca Franco. 

Francisca Franco González, naceu no lugar das Ouxeas, parroquia de Santiago de Vilamarín, Concello de Vilamarín, o 5 de febreiro de 1885, filla de Esperanza e Pedro e casada con Manuel González Dacoba (moi vinculado, tamén, ao Comité Republicano Agrario e íntimo amigo do seu irmán), tiveron dúas fillas Esperanza e Melania. No momento onde se relatan os feitos da súa entrada en prisión, ela vivía nas Ouxeas, xunto coa súa nai Esperanza e o seu irmán Francisco Franco González (Presidente do Comité Republicano Agrario de Vilamarín). Francisca entrou en prisión, con 36 anos, o 25 de agosto de 1921, e permaneceu ata o 15 de setembro de 1921. Un dato que agravou o drama, foi que ela estaba embarazada da súa primeira filla, Esperanza (nacida en febreiro de 1922). Faleceu o 21 de xaneiro de 1970 en Ourense. 

O problema xerado en Vilamarín foi obxecto de noticia no periódico El Socialista que recolle así os acontecementos:

(Fonte: Fundación Pablo Iglesias. El Socialista, 30 de agosto de 1921, p. 2)

Explosiones de petardos y daños a las fincas se han simulado para perseguir con saña a los campesinos asociados, al propio tiempo que se les obligaba a pagar recargos en los impuestos y se amenazaba con disolver sus sociedades. Como protesta contra estos hechos, los agrarios acordaron declararse en huelga, dejando de enviar sus productos al mercado, aunque sin abandonar el abastecimiento de los establecimientos de Beneficiencia.

Desta decisión enviouse un telegrama á UXT de Madrid no que dicían:

Agrarios acordaron no aprovisionar mercado capital a partir lunes. Acuerdo camaradas campo aválalo justificada indignación. Tras incaculables persecuciones, caciques están auxiliados civiles, emgargando comarca Villamarín por cobro extraordinario Consumo inicuo. Obreros ciudad están alerta para secundar paro. Saludos.

A Federación local de Traballadores acordou apoiar o movemento de protesta dos seus "hermanos trabajadores del campo" e tamén protestaron polos atropellos do caciquismo e non pararán de protestar ata que se resolva o problema.

e) As mulleres na ensinanza

Un aspecto relevante vai ser que o socialismo vai manifestar a súa preocupación pola educación como un medio para formar de xeito integral ao individuo. Parte do maxisterio ourensán, mestres e mestras, adquiriron o compromiso dunha ensinanza para igualar á sociedade. Albino Núñez na celebración do Día do Traballo no maio de 1931, día no que se levaba a cabo unha grande celebración con bandas, discursos e manifestacións multitudinarias nas que ondeaban bandeiras, dixo, como representante dos traballadores da ensinanza e en nome dos mestres e alumnos da Escola Normal, que se achaban identificados coa case totalidade do programa socialista, e como eles, loitaban pola vindicación da clase proletaria, porque co trunfo desta, o Maxisterio deixará de ser a clase vilipendiada e postergada que sempre foi. Dixo que polo seu continuo roce cos nenos da clase obreira e especialmente campesiña, puido observar a enorme desvantaxa que estes teñen en contraposición coas facilidades de que gozan os fillos das clases pudientes. Pediu que o maxisterio debía cumprir o deber para que tal desigualdade desaparecese.

Por suposto que o socialismo avogaba por difundir a educación, era un dos seus principais principios. O socialismo ourensán quixo facer fronte ao problema educativo da provincia e enviaron unha carta a Rodolfo Llopis solicitando que se crearan escolas nos concellos que estaban deficitarios omo eran o da Lonia, A Rabaza, Mariñamansa e Zaín:
(Fonte. Galiciana. La Lucha, 13 de febreiro de 1932, p. 2)

Tras conseguir a petición Manuel Suárez, Secretario da Agrupación Socialista de Ourense, contestou agradecendo a resposta de Rodolfo Llopis:

Nos felicitamos y felicitamos a la población escolar, que con la creación de estos centros de cultura, conseguirán capacitarse h hacerse ciudadanos aptos para poder luchar con ventaja en su actuación por la vida y el engrandecimiento de la Patria.

Los pueblos y con ellos los ciudadanos, se engrandecen y se hacen útiles a la humanidad, cuanto mayor sea su grado de capacidad. Entendiéndolo así los hombres del régimen republicano, todos sus esfuerzos y preocupaciones son principalmente disminuir el número de analfabetos, porque saben que sólo así se podrá coneguir que nuestro país llegue a ser prospoero y los ciudadanos conscientes para reclamar sus derechos y cmplir sus deberes. A la República le interesa tener un pueblo culto, a la monarquía y con ella a los reaccionarios les convenía mantenerlo en la ignorancia...(5).

Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense pode considerarse un dos fitos máis importantes de organización reivindicativa do maxisterio ourensán xurdida nos anos trinta cuns claros principios ideolóxicos e uns obxectivos de consecución e actuación. A A.T.E.O. tivo o seu nacemento o 31 de maio de 1931 e no seu momento foi unha organización do maxisterio revolucionaria en Ourense debido aos seus postulados e ideais republicanos de esquerda e pola concepción do maxisterio como “obreiros do ensino” , ideas que resultaron verdadeiramente innovadores e revolucionarios na nosa provincia. Nela aparecen afiliadas as seguintes mestras que, malogradamente, tamén se viron represaliadas como os seus compañeiros cando chegou a ditadura.

María Bouzas Pérez, era membro da directiva e  foi separada do ensino e baixa no escalafón.
Delia Osorio Otero, era membro da directiva e foi separada do ensino e baixa no escalafón.
Carmen López Bello, era membro da directiva e foi separada do ensino e baixa no escalafón.
Cleofé Osorio Otero, foi separada do ensino e baixa no escalafón.
Elisa Reigada Pérez foi suspendida de emprego e soldo por dous anos e traslado forzoso fóra da provincia. Foi destinada á Valvonilla na provincia de Burgos.
Carmen Ferreiro Tizón, foi suspendida de emprego e soldo por dous anos e traslado forzoso fóra da provincia. Foi destinada ao pobo de San Martín de las Ollas, provincia de Burgos.
Digna Portabales Fernández foi suspendida de emprego e soldo por tres meses e traslado dentro da provincia. Foi trasladada ao pobo de Reigada en Manzaneda.
Dosinda Pereira Yañez foi sancionada con traslado forzoso dentro da provincia por un período de dous anos. Foi destinada á escola de Barcia, en Melón.
Dolores Casasnovas Cid foi suspendida de emprego e soldo por seis meses.
Elisa Fernández Rodríguez, foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Dorinda Mesa Villar, foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
María Ángeles Barbosa Rodríguez,foi suspendida de emprego e soldo por tres meses e logo enviada á escola de A Veiga por un período de dous anos e inhabilitada para exercer cargos directivos.
Josefa Fernández Álvarez foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Concepción Docampo Salinas, foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Sara Pellón Cibeira foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Ramona Iglesias Novoa foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Elena Serrano Gándara foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
María Amparo González Pereira foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.
Carmen Fernández Lorenzo foi suspendida de emprego e soldo por tres meses.

f) As mulleres do Servizo Doméstico lonxe de agruparse como as de Madrid:

En Ourense unha das ocupacións principais para as mozas era o servizo doméstico nas casas das familias burguesas. A táboa anterior indica que a ocupación neste traballo era notablemente significativo. Mulleres do ámbito rural acudían á capital coa esperanza de poder traballar e saír dunha situación de extrema pobreza. Eran mulleres novas que apenas tiñan formación. Agunhas viñan co desamparo e incerteza de se chegarían a atopar traballo.

Non sería un sector cun comportamento comprometido e reivindicativo xa que estaban moi mediatizadas pola familia onde traballaban que procuraban disciplinalas. Así mesmo, de novo a Igrexa viraba os ollos cara elas co paternalismo propio e habitual para garantir a súa submisión. 

Como xa se comentou, existía en Ourense o Sindicato Católico de Sirvientas cuxa finalidade era instruír a boa práctica e conduta ás mozas do oficio. A Igrexa obrigaba e coaccionaba para que se anotaran no Sindicato por iso había quen manifestaba e o denunciaba  publicamente dicindo que non era lícito que fosen coaccionadas e as autoridades tiñan que castigar este feito (13). 

Non chegaron a dar o paso as nosas ourensás do servizo doméstico como o que deron as de Madrid indo en decembro de 1930 á secretaría da Casa do Pobo coa intención de agruparse nun sindicato e a partir de entón cordouse formar unha Comisión para que acordara as bases da constitución. (14). En efecto, na capital naceu o Sindicato de Obreras del Hogar en xaneiro de 1931 e comezou a reivindicar nos mitins, dirixidos por Claudina García, unha serie de aspectos en relación ao seu traballo. Pero as nosas ourensás deste oficio non se agruparon, talvez pola súa situación de inseguridade laboral e, sobre todo, porque a Igrexa se ocupou de exercer sobre elas unha forte titorización. Talvez, as criadas no silencio agochaban idearios máis sociais.

g)As lavandeiras en constante reivindicación coa Deputación Provincial:

Outro dos oficios que ocupaba a unha elevada porcentaxe de mulleres en Ourense eran as lavandeiras. Era habitual velas lavar nos pilóns das Burgas ou mesmo nas beiras do Miño. Moitas exercían este labor a cambio dunha remuneración. Un grupo delas dedicábase a lavar a roupa do Hospital e dependían dos pagos da Deputación Provincial Este servizo comezara en 1877 con tres lavandeiras pero progresivamente foi ampliándose. 

Non  pode afirmarse que fosen militantes e chegaran a agruparse, como si fixeron as de A Coruña en 1907 chegando a facer folgas,  pero si que en certas ocasións esixiron por escrito que se lles aumentase o soldo e se lles gratificase polo traballo realizado en días festivos ou de descanso. E, efecto, chegarían a conseguilo aboándoselle 150 pesetas de gratificación en 1933. Pero  seguirán reivindicando e recibirán 100 en 1934. 

Pero as lavandeiras do Hospital tamén facían labores de limpeza no Palacio Provincial e esixiron en 1935 que se lles concedese o posto en propiedade, deste xeito chegaban a verse como funcionarias. Pero non rematou aí a súa demanda, xa que seguían solicitando o aumento do soldo.Con estas demandas contínuas as lavandeiras reivindicaban que  que o seu traballo debía ter o recoñecemento como tal oficioe non ser considerado un servizo cun carácter doméstico. Non deixa de ser interesante que como obreiras pidan ao patrón os seus xustos pagos.

Así, pois, sen ter moitos nomes propios podemos pensar que o socialismo ourensán tería dentro das masas de simpatizantes a interesantes mulleres ourensás anónimas que sumaron a súa forza ao obrerismo. A Agrupación feminina Socialista xurdida en Madrid en 1915 e que en 1917 tiña 97 afiliadas podería servir de modelo, mais na nosa provincia non se deu a ocasión.

Consultando o libro de Quintas Ferreño  e establecendo  contacto coa Fundación Tilve, que tivo a ben ofrecerme información de mulleres vinculadas co Socialismo en Ourense, podemos facer unha relación bastante considable de mulleres que ben de xeito máis directo ou indirecto vinculábanse ás ideas socialistas. Sobre elas informeime e falei da súa traxectoria. (clicando sobre elas pode accederse á información).

No libro de Quintas Ferreño hai unha interesante relación dos dirixentes e afiliados ás asociacións  obreiras na que apenas hai nomes de mulleres.Fai mención de que na Sociedade de oficios varios de Ribadavia en 1929 estaban Consuelo Pérez como secretaria e Manuela Gómez como vogal. E como simpatizante socialista está Manuela Sánchez García de Viana do Bolo. Como socialista, con relación con Ourense, destacaríase a María de los Ángeles Tobio Fernández. Esta muller era de Viveiro e era Arquiveira-Bibliotecaria e tivo o seu primeiro destino en Ourense. Sufríu a guerra fría e acabou exiliándose a Francia.

A fundación indicoume que nos listados aparecen máis mulleres comunistas (pero que tamén poderían estar afiliadas a UXT, xa que daquela o sindicato ó que adoitaban pertencer os comunistas era o único sindicato marxista), como:  Gloria Blanco DiéguezCarmen e Rosaura Cid (fillas do mestre comunista Isidoro Cid Rivo), Nina (Antonina) Fernández García (casada con José Barón Fernández, que era membro de UXT e comunista), Jesusa Prado López (filla do socialista Ramón Prado, ainda que nos anos 20 ingresa no PCE), a súa filla Soledad Figueiral aínda que esta continuou co comunismo da súa nai, ou Consuelo Antonia Rodríguez López (guerrilleras).
Outras que figuran como vítimas do franquismo e que compartirían ideais socialistas estarían Estrella Pérez e Claudina Cid Rivo. Ambas as dúas tiveron que exiliarse do país. Outra das exiliadas foi Josefa Losada Vázquez. Naceu en Manzaneda, era mestra e estaba afiliada á Unión Xeral de Traballadores. Exiliouse e marchou a Francia e residiu na Villa Vilconti Canet Pays. Antes da Guerra foi Presidenta do Consello Local de Narón. 

Coa chegada da democracia e xa no período da transición comeza a legalización dos partidos políticos co Decreto Lei do 8 de febreiro de 1977. De novo o pluripartidismo ía  ser un piar democrático e garante de que as cousas ían mudar. Dous días despois do decreto os dirixentes do PSOE entregaron no Ministerio da Gobernación a documentación precisa. A partir de entón, xa non había que ocultarse. Lamentablemente moitos socialistas non puideron disfrutar deste momento pois acabaran sendo vítimas da represión.

En Galiza, foi en Ourense onde se abríu a primeira sé do  Partido Socialista en febreiro do 77, e situouse na rúa Emilia Pardo Bazán número 5. Primeiro acudía moi pouca xente ás reunións pero xa en marzo chegaban a ser de dez a quince. Os primeiros anos foron duros e tiñan apuros económicos para manter o partido pero foron manténdose grazas ás achegas de diñeiro que procedían de simpatizantes e colaboradores que residían en Alemaña. Aquí xa temos as primeiras mulleres afiliadas como Carmen Rodríguez Nóvoa e a Dolores Bretaña Suárez a muller do mártir socialista Manuel Suárez Castro.

Neste percorrido sobre a implicación das ourensás no socialismo cítanse bastantes nomes propios pero seguro que hai moitos máis. Pero como vén sendo habitual no relato histórico as mulleres foron quedando no anonimato pero iso non quere dicir que non formasen parte de relevantes procesos históricos. 

Aquí aparece unha interesante relación de mulleres que foron exemplo de afouteza e determinación, impulso para o presente e para o futuro.

(1)El Socialista, 18 de outurbro de 1895, p. 4.
(2)El Correo de Galicia, 2 de setembro de 1913, p. 2.
(3)El Miño, 1 de xuño de 1908, p. 1; El Miño, 30 de junio de 1908, p. 1.
(4) El Socialista, 21 de maio de 1918, p. 1.
(5) La Lucha, 13 de febreiro de 1932, p. 2.
(6) “Un manifiesto de Comité Femenino”, La Región, 9-1-1932, p. 1.
(7)La Región, 28 de maio de 1933, p. 1.
(8)“El conflicto de las lecheras”, La Región, 26 de novembro de 1918, p. 1.
(9)“Atropellos a las lecheras”, La Zarpa, 2 de novembro de 1922, p.1.
(10)La Zarpa, 11 de febreiro de 1922, p. 3; La Zarpa, 6 de abril de 1922, p. 3.
(11) El Socialista, 8 de maio de 1896, p. 1.
(12) El Socialista, 29 de maio de 1908, p. 4.
(13) "¿Se Sindican las sirvientas"?, La Región, 30 de novembro de 1919, p. 2.
(14) "Las criadas quieren asociarse", Galicia, 10 de decembro de 1930, p. 5.
(15) "Los sucesos de ayer en Orense". La Región, 19 de maio de 1920, p. 1.
(16) La manifestación de hoy”. La Región, 27 de xaneiro de 1918, p. 2; “La manifestación de anteayer”. La Región,  29 de xaneiro de 1918). La Región, p. 1.

(Elaboración propia a partir de diversas fontes). 
Vid: CAPEL MARTINEZ, Rosa Mª, El trabajo y la educación de la mujer en España (1900-1930), Madrid, Instituto de la Mujer, 1986, p.54; CAPEL MARTÍNEZ, Rosa María, "Mujer y Socialismo", Pasado y Memoria. Revista de Historia Contemporánea, 7, 2008, pp.101-120; CARBALLO–CALERO RAMOS, Mª Victoria, Política y cultura. Transformación urbana y arquitectura en Orense 1876-1936, Orense, Concello de Ourense, 1995; FOLGUERA ,Pilar, “Revolución y Restauración. La emergencia de los primeros ideales emancipadores (1868-1931) en GARRIDO GONZÁLEZ, Elisa. Historia de las mujeres en España, Madrid, Síntesis, 1997, p. 158-159. Pilar Folguera alude ás diferenzas que se xeran nos espazos en función das diferentes clases sociais e indica que as mulleres máis burguesas contan cun maior grao de intimidade no seu espazo privado que as que habitan nos barrios que gozan de menor intimidade porque os espazos femininos se atopan a cabalo entre o propio fogar e o patio, as rúas, etc. Este argumento conduce a pensar que talvez no mundo rural se dea isto mesmo porque moitas das actividades se desenvolven fóra do fogar , de tal xeito que poida variar un tanto a mentalidade acerca da consideración da muller; FULGOSIO, Fernando, Crónica de la provincia de Orense, Rubio y Compañía, Madrid, 1866, p. 14; GARRIDO MOREIRA, Emilio, As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia, A Coruña, Deputación da Coruña, 2010; Diario de avisos de La Coruña:, 13 de outubro de 1889, p. 2, HERRERO FIGUEROA, Araceli, “Emilia Pardo Bazán. Visión da muller galega desde a Torres de Meirás”, Simposio Internacional. Muller e cultura, Santiago, Universidade de Santiago, 1993, pp. 112-113. Neste artigo pódese ver como Emilia Pardo Bazán reflicte á muller galega e a situación á que se atopa sometida, agora ben, segundo Araceli Herrero, Pardo Bazán delataba a situación pero non chegaba a aportar solucións; JUANA, Jesus de, “Orígenes do sindicalismo católico en Ouense: fundación e organización do ‘Círculo Católico de obreiros’”, IIIª Xornadas de Historia de Galicia: Sociedade e Movemento Obreiro en Galicia, Ourense, Deputación Provincial de Ourense, 1986, pp 257-320; QUINTAS FERREÑO, Francisco Javier, Historia do movemento obreiro socialista en Ourense (1895-1936); Fundación Luís Tilve ,2012; RODRÍGUEZ TEIJEIRO, Domingo, “O Ourense contemporáneo”, Historia de Ourense, A Coruña, Vía láctea Editorial, 1996, p. 313-318; SIMÓN JUÁREZ, Inmaculada, Mujer: Asociaciones y Sindicatos (1875-1939, Colección Historia, Madrid, Sainz y Torres, 2014;"Impuestos de consumos" entrada Wikipedia; colaboradores de Wikipedia. (2023, September 24). Impuesto de consumos. Wikipedia, La Enciclopedia Libre. https://es.wikipedia.org/wiki/Impuesto_de_consumos (consultado o 23 de maio de 2024.); Sobre a implicación da muller no movemento obreiro e no socialismo en Galicia faise mención nos artigos de Martínez, MB (2012). De cómo nace el movimiento obrero en Galicia, 1870-1900. Revista General de Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social , 31 , 13; Macho, AM (2009). Ciudadanía y movimientos sociales: el movimiento obrero en Galicia. En Extranjeros en el pasado. Nuevos historiadores de la España contemporánea (págs. 73-96). Servicio de Publicaciones..

Da Hemeroteca: "El 1 de mayo en Orense", Miño, 3 de mayo de 1904, p. 1; "Belén Sárraga", El Miño, 28 de marzo de 1906, p. 2; "Casa `para Domésticas", La Región, 21 de outubro de 1915, p. 2; "Despues de la huelga", La Región, 24 de agosto de 1917, p. 1;  “El conflicto de las lecheras”, La Región, 26 e 29-11-1918, p.1; “La Diputación y el pago a las nodrizas”, La Zarpa, 30-9-1921, p.1; El Compostelano, 15 de setembro de 1920 ; Estado de Guerra" Faro de Vigo; "Fiesta del día de trabajo en Orense", Galicia, 3 de maio de 1931, p. 1; "Diputación Provincial. Sesión de la Comsión Gestora", Galicia, 11 de Decembro, 1931, p. 6; "Las domésticas de Madrid se asocian", Galicia, 15 de xaneiro de 1931,p. 4; Galicia, 4 de xaneiro de 1935, p. 4; "El día que el PSOE dejó la clandestinidad", La Voz de Galicia3 de marzo de 2017.