RECANTO DE REFLEXIÓNS

09 septiembre 2022

CLOTILDE VALLE VALLE

Era irmá de Cecilia Valle Valle e tamén naceu en Casaio en 1923. Segundo os artigos 45  e 46 da Lei do 9 de febreiro de 1939 faise saber que, por aparecer indicios de responsabilidade política, se lle incoou expediente de responsabilidade. Así mesmo debían prestar declaración cantas persoas tivesen coñecemento da conduta política e social da inculpada, antes ou despois da iniciación do Movemento Nacional, así como indicar a existencia de bens. Foi xulgada en 1943 no Barco de Valdeorras polo Xuíz Francisco de la Barrera.

Estivo na prisión de Mulleres de Astorga onde a alimentación era escasa e mala o que daba lugar a aparición de enfermidades e debilitamento das reclusas e en, en concreto, Clotilde colleu no cárcere un forte catarro bronquial que foi tratado polo médico da prisión, Doutor Botas, con ampollas broncoquialisterina.

Estaba casada con Lázaro Arias Rodríguez e tiveron un fillo chamado José Luís Arias Valle. Clotilde faleceu no Barco de Valdeorras o 11 de febreiro de 2017 cando tiña 94 anos.