De inmediato comezou a exercer como interina e estando na comarca de Parada do Sil participou nas Misións Pedagóxicas organizadas polos docentes da comarca, entre eles, Rosa Pons. O día 4 de decembro de 1932 Elvira Coello fai unha disertación titulada "Grandeza e miserias de España" na que expón a necesidade de ilustrar ao pobo para unha maior grandez do Estado. Deste xeito manifesta a súa simpatía co novo réxime republicano e súmase, como mestra, ao labor de espallar a cultura.
Habla de las grandezas de España en el transcurso de los tiempos; compara las grandezas del Estado español con las miserias que padeció en todo tiempo el pueblo; culpa de este abandono a la Monarquía y presenta la esperanza qu en el régimen republicano debemos tener, convencidos de que ha de llevar a España a nuevas grandezas basadas en la educación de todos sus habitantes…(El Magisterio orensano, 8 de decembro de 1932, p. 2)
Como era normal no maxisterio a mobilidade de prazas era constante e non era doado xa que a iso había que engadir que moitas das prazas era de difícil desempeño.
Estivo vixiada pola Comisión de Depuración pois, coma moitas mestras, era sospeitosa de ser adepta á República e porque ela participara en diversas Misións pedagóxicas, Abriuselle expediente en 1937 pero foille confirmada a praza tras o visto bo a Comisión tras ler os informes transmitidos á mesma. O cura-párroco dixo dela que "No perteneció a ninguno de los partidos del Frente Popular. Tampoco perteneció jamás a sociedades secretas, sino que se portó siemper en su vida tando privada como pública como buena cristiana. Su labor en la escuela ha sido siempre conforme a las leyes vigentes a la razón sin excederse".
Desde a Alcaldía tamén se enviou un escrito positivo dicindo que nunca tiveran noticia de que nas escolas do municipio fixera propaganda nelas ensinando aos nenos doutrinas contra a Relixión, a Patria ou a Familia.
Así mesmo, os pais de familia ofreceron informes favorables sobre Elvira Coello. Polo tanto o expediente queda resolto con data do 25 de abril de 1940. Elvira podería exercer como mestra pois pasou a criba da depuración.
Vai aprobar as oposicións convocadas o 19 de maio de 1941 e vai exercer en diversas escolas como a escola San Román en Viana, a escoliña de Marrajón e en 1950 foi destinada á unitaria de Viladella na comarca das Pontes de García Rodríguez onde se xubila en 1959.
A destacar desta mestra a súa manifestación pública de apoio á República por canto tiña un interese especial por mellorar a educación e á sociedade. Así mesmo, a súa participación nas Misións pedagóxicas indica dela que era unha preocupada por fomentar a cultura máis alá da escola.
Elaboración propia a partir de diferentes fontes. A.U. V (Arquivo da Universidade de Vigo), Expediente persoal. Caixa 74; A,I.O.P. Expedientes persoais de alumnos iniciados en 1928, 92/1.14; Galicia , 8 de xuño de 1932, p. 6; El Eco de Santiago, 10 de marzo de 1934,p. 3; El Pueblo Gallego, 3 de abril de 1938, p. 9; "Maestros confirmados en sus plazas", La Región, 10 de maio de 1940, p. 3; La Región, 19 de setembro de 1940, p. 4; El Ideal gallego, 2 de maio de 1950, p. 3; Boletín oficial de la provincia de Cáceres: Número 209, 16 de setembro de 1944, p. 2; Boletín Oficial del Estado, 23 de febreiro de 1959, 3115.