RECANTO DE REFLEXIÓNS

01 mayo 2024

MARÍA FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ

María era filla de Manuel e Teresa e naceu en Limonar, Santa Clara de Cuba en 1922 pois seus pais estaban emigrados alí. A familia regresou e asentáronse en Espiño, A Veiga. María tiña outras irmás chamadas Generosa e Marcelina.

Cando comezou a guerra tiña 14 anos pero xa tiña coñecemento suficiente para entender o drama que estaba a acontecer, polo tanto, non dubidou en axudar á súa nai, Teresa, que, arriscando a súa vida, comezou a axudar á xente perseguida. Realmente implicouse toda a familia e foron as mulleres, Teresa, Generosa, María e Marcelina as que deron mostras de valentía por defender a todas as persoas que o precisasen sabendo que o réxime era implacable cos disidentes. E a súa colaboración silenciosa durou toda a guerra. Pero non puideron librarse do castigo.

En efecto, María non se libraría da pena e foi detida en 1938 e foi levada ao cárcere de Bande, tiña 17 anos. O 8 de outubro de 1940 ingresou no Cárcere de Ourense e de alí a uns meses, o 21 de xaneiro de 1941 entregárona á Garda Civil para que a trasladaran ao cárcere de Vigo pois recibírase unha orde indicando que todos os nacidos en Cuba debían ser levados ao penal de Vigo:

Se recibe telegrama de la Dirección General de Prisiones ordenando la conducción e ingreso en la Prisión del Partido de Vigo de todos los súbditos cubanos existentes en la referida prisión de Orense. Orden que afecta a la interesada por ser súbdita Cubana.

Estaría na prisión de Vigo tres meses pois en marzo de novo a traen ao cárcere de Ourense. Durante este tempo de encarceramento estaría coa súa irmá Marcelina ata que o 14 de outubro de 1941 o Xulgado Militar de Fuxidos desta capital pona en liberdade pois: "Se observa buena conduta". Súa irmá Marcelina sairía dous días despois. 

Pero a represión seguía. Debían andarse con coidado xa que levaban o estigma

(Elaboración propia a partir de diversas fontes. Vid: A.H.P.OU. 24055/030.)