En toda esta estampa impresionista hai disfraces de todo tipo. Hai aqueles que conteñen graza de por si, hainos conxuntados e que son verdadeiras obras de arte, hai os que fan unha crítica de algo pero empregando a graza e o humor...e hai aqueles que nos retrotraen na historia.
Estamos no caso. Hoxe quero resaltar esta preciosa comparsa ourensá que rememora ás sufraxistas. Ademais de estar perfectas fan lembrar á cidadanía unha mobilización de mulleres que tivo grande transcendencia a finais do XIX e comezos do XX. Grazas aos seus esforzos conseguimos os nosos dereitos. Seguramente moitas persoas ao velas tomarán conciencia deste feito.
As sufraxistas reivindicaron o voto feminino pero o camiño non foi nada doado. Supuxo unha intensa loita no que destacaron mulleres como Emmeline Pankhurst, Emily Davison, Millicent Fawcett, Mary Richardson, Maud Watts y Annie Kenney. En España podemos destacar o grande labor levado a cabo por Clara Campoamor. Moitas delas sufriron detencións e represión, mais non minguou a súa intención e vontade.