RECANTO DE REFLEXIÓNS

11 febrero 2024

MARÍA CONSUELO PARÍS VILLAR

Naceu en Santiago o 3 de setembro de 1911 e era filla de Silvio Paris Villar, comerciante, e de María Villar Alonso residentes en Barra de Miño. Consuelo tiña un irmán chamado Silvio que era licenciado en Medicina e Inspector municipal de Sanidade de Santaigo pero faleceu (asasinado) en agosto de 1947. Consuelo realizou os estudos de Bacharelato no Instituto Nacional de Segunda Ensinanza de Ourense onde fixo o exame de ingreso o 29 de setembro de 1921 e inscribiuse ata 1927, ano no que solicitou unha certificación a Instituto de Santiago. A continuación matriculouse  na Facultade de Farmacia e tras licenciarse en 1933  inaugurou o día 5 de xullo dese mesmo ano o seu establecemento farmacéutico na Rúa do Progreso número 85 da capital ourensá. Daquelas a Farmacia contaba coas novidades de produtos nacionais e estranxeiros á disposición dos seus clientes. Tamén abriu outra farmacia en Castro Caldelas pero que acabaría vendendo a outro farmacéutico. Casou con Rafael Valcárcel Albizu.

Vid: Benso Calvo, Carmen e Cid Galante, Rosa María, "Los expedientes de las estudiantes de bachillerato: una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930)", Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria. 26, 2007, pp. 430-470;  "Solemnidades Académicas", La Región, 2 de outubro de 1927, p. 2; El Compostelano, 14 de novembro de 1934, p. 2; El Ideal Gallego, 7 de agosto de 1947, p. 7; El Ideal Gallego, 23 de setembro de 1949, p. 6; La Región, 18 de febreiro de 1940, p. 2; "Esquela", La Región, 27 de novembro de 1965, p. 14; Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p. 243.