É catedrática de Filoloxía Española da Universidade de Vigo desde decembro de 1993. Acadou o título de bacharelato no Instituto de Pontevedra e, posteriormente, matriculouse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago onde se Licenciou en Filoloxía Románica coa cualificación de sobresaliente. Tras disto realizou o curso de Doutoramento e a súa Tese versou sobre a fala de O Grove. Presentou a súa Tese na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago sendo valorada con Sobresaliente Cum Laude.
A partir de 1966 estivo de profesora adxunta provisional na Facultade de Santiago e tamén en varios Institutos de Ensinanza Media, por exemplo, en 1971 veu destinada ao Instituto Maculino dde Ourense, e en Escolas Universitarias, como a de Ourense. Obstentou diversos cargos directivos e de xefatura de Departamento. Un dos máis destacados foi o de ser Xefa do Departamento de Formación do Profesorado do ICE (Instituto de Ciencias da Educación) da Universidade de Santiago. Dito Instituto estaba centrado na formación do profesorado para que coñecese técnicas e métodos modernos de ensinanza.
No ano 1972, co gallo da apertura do curso escolar, impartiu no paraninfo do instituto unha conferencia titulada "Gallego y Castellano en Galicia". Desde logo sería unha asidua en dar Conferencias por Galicia sobre o galego, léxico,orixe, evolución.
A partir de 1980 vai impartir a materia de Lengua e Literatura Española na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de E.X.B.
Muller de incansable traballo e de grande intelectualidade ten no seu haber numerosos traballos de investigación sobre a lingüística, a lingua galega, lexicografía...entre os que destacamos:
• Proxecto de investigación: Educación Rural en Galicia. Experta española principal en el campo del bilingüismo. Programa de Cooperación entre a Universidad de Santiago de Compostela e as Universidades Americanas de Wisconsin y Stanford.• Proxecto de investigación: Interferencias na dirección Castelán-Galego en Galicia.
• Proxecto de investigación: Procesos da Formación das palabras na linguaxe xurídica.
• Proxecto “Base de dados das obras gramaticais e lexicográficas portuguesas e participadas pela língua portuguesa nos séculos XVI ao século XIX”.
• La Represión económica durante o franquismo. Galicia. (1936-1945).
É Membro da COMISSÃO CIENTÍFICA EXTERNA DE ACOMPANHAMENTO (ADVISOR) DA UTAD (Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro- Portugal).
Foi pioneira na defensa da lingua galega, unha muller que sempre lle outorgou ao noso idioma a categoría que se merece. Defendeu a lingua galega-portuguesa pois sempre as considerou xunguidas. En 1979 participou na publicación dun libro para a ensinanza do galego nos niveis de Preescolar, primeiro e segundo de Básica. Pódese considerar o primeiro texto educativo íntegro para ensinar e aprender a lingua galega nas escolas. O libro pertencía á Colección Estudios y Experiencas Educativas. Constaba dunha primeira parte escrita totalmente en galego e sinalábanse os obxectivos do curso para desenvolver a capacidade para comprender e empregar a lingua galega. Estudábanse tamén as estrututas do idioma: directivas metodolóxicas, como planteamento previo á ensinanza. Por suposto, contina interesantes actividades e textos literarios elementais. No grupo de traballo estaban, ademais de María do Carmo, Joaquina Gallego Jorreto, Manuela Garrido Martínez e Antonio Marban.