RECANTO DE REFLEXIÓNS

14 septiembre 2022

BEATRIZ e DORA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ

Beatriz e Dora eran irmás, naceron en Río de Xaneiro pois eran fillas da emigración. Voltaron a Ourense e residiron en Tosende.

Beatriz naceu o 13 de abril de 1914 e era filla de José González e Avelina Rodríguez. O matrimonio tivo seis fillos chamados Beatriz, Esther, Nelson, Pura, Dora e Victoria. Matriculouse no Instituto de Segunda Ensinanza de Ourense tras ter feito o exame de ingreso o 23 de xuño de 1927. Realizou os cursos de Bacharelato Elemental ata o ano 1930 e o 17 de abril de 1931 solicitou dito título. Pero continou cos estudos e realizou o bacharelato univesitario rematando estes estudos en 1933, expedindo o título en abril dese ano.

Convalidou os estudos para a Normal e fíxose mestra e estivo dando clases en diversos pobos da provincia, en Bande e Xinzo. 

A súa irmá Dora tamén realizou o bacharelato. Naceu o 11 de decembro de 1915 e fixo o exame de ingreso o 23 de xuño de 1927 cando tiña 12 anos. Estivo matriculada ata o curso 1932-1933 pois cursou o bacharelato elemental e o universitario. Acadou moi boas notas con nove sobresalientes. Logo expediu os respectivos títulos e fíxose mestra. Exerceu en Baltar pero faleceu en agosto de 1941 aos 25 anos no Hospital de Conxo.

(La Región, 20 de agosto de 1941, p.2. Galiciana)

(Elaboración propia a partir de diversas fontes)

Vid: Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante, Los expedientes de las estudiantes de bachillerato una fuente básica para el estudio del alumnado femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930); Historia de la educación: Revista interuniversitariaISSN 2386-3846, ISSN-e 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470; Rosa María Cid Galante, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese inédita.