En 1927 estaba exercendo como interina na escola de Pereiro na Mezquita. Tras presentarse ás oposicións en 1929 déronlle praza na escola de Bréixome en Vilar de Santos e en 1931 estivo destinada na escola de Saguñedo na parroquia de Betán, en Baños de Molgas. En 1935 estaba de mestra na escola de Gondulfes. Exerceu tamén na escola de Sandiás durante moitos anos e alí tamén casou.
Recolle a revista ilustrada Vida Gallega a seguinte reseña de Irene Durán:
"Irene Rodríguez Durán de 11 años, que obtuvo el único premio de ingreso, contendiendo con doce opositores, en el instituto de Orense".
O 27 de agosto de 2006 os veciños de Sandiás fixeron unha homenaxe á que fora a súa grande mestra. Unha celebración oportuna pois cumpría cen anos. Descubriron unha placa na casa onde sempre residiu.
Xavier Feixoo, foi o que me transmitiu esta información. Javier é fillo da sobriña de Irene Durán e díxome que lle contaba moitas historias. Javier retén todo na súa memoria e seguro que continuará escribindo sobre esta interesante muller. Remito ao seu blog para que poidan consultalo: No corazón de Antela.
Desde aquí, quero darlle publicamente as miñas grazas. Para min é moi emotivo poder falar cos descendentes destas grande mulleres.
Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese publicada en versión CD polo Departamento de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Foto de Vida Gallega, nº 96, 1917. El pueblo gallego, 15 de setembro de 1927.