RECANTO DE REFLEXIÓNS

17 junio 2012

MARÍA DOLORES COFÁN SOTO

Naceu en Ourense e unha vez concluídos os estudos de bacharelato instálase coa súa familia en Madrid, atraída polo mundo do espectáculo. Debido a esa vocación innata, compaxina as clases de canto e baile co curso de interpretación no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas. Afiánzase como atriz, cantante e bailarina e gaña o concurso "caras novas" de Radiocinema. Protagonizou películas "El azar se divierte" e "El ángel está en la cumbre"

É unha muller polifacética pois toca o violín, a guitarra e o piano. Tamén canta e ten gravados tres discos. Actuou en París e en Marsella e logo pasou dous anos en Portugal facendo televisión e cantando.

Debuta en 1956 cun papel secundario na versión de Fedra de Manuel Mur Oti e logo fai papeis de reparto en Embajadores en el infierno; Tremolina; El genio alegre; Un abrigo a cuadros; Un americano en Toledo. Obtén un papel de certa relevancia en El azar se divierte e a continuación asume o seu papel protagonista en El ángel está en la cumbre

(Fonte: El Pueblo Gallego, 29 de xuño de 1956, p. 7)

Deixa de lado a faceta de atriz cando é elexida Miss España en 1959. Logo adícase á súa faceta de cantante e actúa en Francia e Portugal enactuacións televisivas e programas musicais. Nos anos sesenta regresa ao cine xa só de forma esporádica en películas como Una bruja sin escoba e Carola de día, Carola de noche.  e polos anos cincuenta e sesenta tivo éxito no cine español. 

(Fonte: Pueblo, 27 de agosto de 1965, p. 2)

Vid: Diccionario de cine en Galicia (1986-2000), Xunta de Galicia, 2001. E hemeroteca Galiciana.