RECANTO DE REFLEXIÓNS

27 abril 2010

CAMILA TRULOCK BERTORINI

Naceu en Santiago (Corticela) o 23 de xuño de 1895 e era filla de Josefina Bertorine y Jones, natural de Iria, e Juan Trulock Glascott, natural de Londres e xerente de Ferrocarril The West. Foi propietario da primeira liña de ferrocarril entre Santiago e Vilagarcía de Arousa. 

A súa filla Camila estudou no Instituto Provincial da cidade. Realizou o exame de ingreso no ano 1905 cando tiña dez anos. 

Logo matriculouse en catro cursos pola opción libre preparándose para os exames co profesor Alejandro Cerecedo do Colexio León XIII da cidade conseguindo numerosos sobresalientes con premio en Lengua Castelá, Xeografía Xeral e Europa, Nocións de Aritmética e xeometría; Calibrafía, Xeografía de España, latín, Historia de España, Xeometría e Preceptiva e Composición. Dicían dela na prensa que cautivaba aos tribunais de exame polas brillantez coa que desenvolvía os temas.

(Fonte: Galicia Nueva, 16 de xuño de 1908)

Dª Camila Manuela Trulock Bertorini casou con D. Camilo Crisanto Cela Fernández, natural de Tui (pero a familia era oriúnda de Piñor de Cea) o 19 de marzo de 1915 e desa unión nacería Camilo José Cela e Jorge Cela Trulock. 

Camila faleceu en Madrid o 23 de xuño de 1975, tiña 79 anos.

Vid: AIOP, Expedientes académicos, cartapacios ordenados alfabeticamente, caixa 300-308.
Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930) Tese de doutoramento inédita.