RECANTO DE REFLEXIÓNS

12 junio 2026

UN AGASALLO QUE RECIBO CON MOITO AGRADECEMENTO

Hoxe, venres, día 12 de xuño acaban de facerme un agasallo Lara Beli, escritora ourensá que figura neste blog, e a súa familia. Isto é algo moi valioso para min. Trátase do libro "Libre es mi corazón", novela que relata a vida de Rosalía de Castro e sei que está moi documentada. Lereina con grande entusiasmo e desde aquí quero manifestar eu meu enorme agradecemento. Un libro é un tesouro. Un pracer e unha honra.

Lara Beli é ourensá de nacemento e é licenciada en Dereito e Periodismo pero xa leva escritas varias novelas nas que deixa patente a súa capacidade narrativa así como a sustentación nunha documentación que fai que non deixe ao chou o argumento. Sen dúbida, esta que se me entrega é unha mostra disto que afirmo.

Unha aperta e grazas por traerme a Rosalía de Castro, a miña enorme admirada. Novela dunha grande muller sobre outra grande muller.