Pero, por que foi detida Teresa. A acusación indicou que o motivo de encausala foi por auxiliar a bandoleiros segundo o testimonio de Jaime Losada Méndez. Dise que os agochou, que lles proporcionou víveres e lavou a roupa. Por tal motivo, foi condenada a 3 anos de prisión. Deste xeito, entrando en prisión o 2 de decembro de 1949, Teresa saldaría a súa condena o 3 de marzo de 1952. A situación de Teresa non era doada pois seus irmán, José Primo Fernández, tamén caeu nas mans da xustiza por acubillar ao bandolero Antonio Murias e achegarlle víveres e información diversa, así como ocultar unha botella que contiña munición de pistola e unha granada. (1)
(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1949 a 1951. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2245. Libro 2245, p. 181.)
O 9 de agosto de 1950 decídese o traslado de Teresa ao cárcere de Madrid. Así que, o 14 de agosto é trasladada á Prisión das Ventas de Madrid coa finalidade de que realice traballos, en concreto para traballar en servizos de destinos (literalmente se menciona así no expediente) en Madrid:
(Fonte: Expediente persoal da reclusa Teresa Primo Fernández. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1./25113/038(3).
(Fonte: Expediente persoal da reclusa Teresa Primo Fernández. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1./25113/038(4)Con Teresa irían outras dúas reclusas, Agripina Pousa Rodríguez e Lucita Sánchez Barredo coa encomenda de realizar traballos forzosos encomendados. Enténdese que unha vez cocluída a condena Teresa regresaría a Ourense entorno a 1953.
En relación a Agripina non se sabe o tempo que tería que botar na prisión. Pero puido saberse algo máis sobre a súa orixe. Parece ser que era de Carballiño e que anos máis tarde, tivo outro asunto de delito grave pois foi acusada e detida en xullo de 1957 por delito de aborto. Isto supuxo que a condenaran a seis anos de prisión menor. Así mesmo acusárona de aborto en grado de conspiración polo que recibíu outra condena de seis meses de arresto maior. Esta causa foi instruída no Xulgado de Carballiño. (2)
(Elaboración propia a partir do expediente depositado no Arquivo Histórico Provincial. (1) Esta información aparece recollida no Expediente de Antonio Manuel Domínguez. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24045/039 Signatura:Caixa 24045/039
(2)Audiencia Provincial.(20 de xuño de 1957). El Pueblo Gallego, p. 11.)