Matilde Vázquez é das mulleres que apostaron pola cultura para mellorar á humanidade. A través da súa expresividade e enerxía, pero, fundamentalmente, a través do seu bo facer como directora de teatro, modela historias que entrañan unha lección. Ela é defensora das ideas xustas, da igualdade, defensora das mulleres, dos humildes e tamén, da natureza, pois como Bióloga, sabe dos riscos que a nosa contora sofre. Seguro que ese afán por coñecer a natureza, da que sabe moito, permitiulle ver a natureza tamén humana, de aí o seu humanismo. En efecto, Matilde é desas mulleres que estarían na corrente do humanismo pois ese é permanentemente a súa perspectiva de vida.
Naceu en Ourense o 16 de marzo de 1951. Seu pai era José Luis Vázquez Álvarez, que era natural de Melias e que exerceu a medicina en Ourense toda a súa vida sendo Xefe do Pavillón de Infecciosos no Hospital Provincial. Súa nai chamábase Matilde Iglesias Blanco, natural de Envilarchao. Estudou maxisterio e exerceu de mestra pero deixou esta profesión e converteuse en enfermeira traballando co seu home. Matilde é a menor de tres irmáns. O seu irmán maior, José Jaime, é arquitecto e o seu outro irmán, José Luis “Manito”, que tristemente faleceu en 2010, foi médico no Juan Canalejo de A Coruña.
O entorno familiar era dunha grande cultura proba diso é que Matilde sempre tivo un interese vocacional por aprender constantemente. Licenciouse en Bioloxía no ano 1974 na Universidade de Santiago de Compostela. Fixo os cursos do C.A.P. Na Universidade de Santiago no ano 1975 pois quería dedicarse á docencia, outra das súas grandes vocacións xunto coa artes escénicas.
Despois acadou o título de Catedrática de Ciencias Naturais nas Oposicións de 1979 en Zaragoza. Comezou a exercer como profesora de Secundaria pero, ao mesmo tempo, Matilde esixíase máis e foi perfeccionándose e especializándose na docencia pois quería levar ás aulas unha didáctica innovadora e creativa, algo que a caracterizaría, xa que, en efecto, para ela o alumnado era axente activo e facía que pensara e reflexionara e que fose crítico, por tal motivo, todos os alumnos e alumnas adoraban a Matilde.
Desde 1975, tras rematar a carreira, non parou de facer cursos tanto en Ourense, como no resto de Galicia e fóra da nosa Comunidade como Córdoba, Alcalá, Xixón, Barcelona. Todo en aras de innovar a escola e a didáctica. Eran anos da transición e había que transformar a ensinanza e Matilde comprometeuse ata límite para ofrecer o mellor de si mesma nas súas clases. É interesante reseñar os cursos que realizou, tanto como asistente como ponente:
CURSO DE PROGRAMACION 1ª parte- Do I.T.E (Instituto de Técnicas Educativas)-( XII-1975)
CURSO EN TORQUAY SCHOOL OF ENGLISH ( I - IX -1975)
CURSO DE PROGRAMACION Do I.T.E , 2ª parte: ( V- 1976 Universidade Laboral de Ourense)
CURSO DE AVALIACIÓN Do I.T.E. ( VII- 1976 Universidade laboral de Gijón)
CURSO DE METODOLOXÍA NA INVESTIGACIÓN CIENTÍFICA , Do I.T.E. (XII-1979- Alcala)
II SIMPOSIO NACIONAL SOBRE LA ENSEÑANZA DE LA GEOLOGÍA (IX-1982- Gijón)
CURSO DA XUNTA DE GALICIA DE FORMACIÓN EN LINGUA GALEGA (IV-VI-1985-Ourense)
I CONGRESO NACIONAL DE ENSEÑANZA DE LA BIOLOGÍA (II-1986 - Cordoba)
CURSO DE INFORMÁTICA Do I.C.E. (instituto de Ciencias da Educacion - IV-986 Uni.Santiago)
CURSO DA XUNTA DE GALICIA DE PERFECCIONAMENTO DA LINGUA GALEGA (I-1989- Ou)
PROFESORA-PONENTE Do CURSO DA XUNTA DE GALICIA: “A INNOVACIÓN CURRICULAR NO ENSINO” (X-1991 a III-1992 , celebrado en Viana do Bolo)
PROFESORA-PONENTE Do CURSO DA XUNTA DE GALICIA: “O XOGO COMO FIN E COMO ESTRATEXÍA DIDÁCTICA NA EDUCACIÓN” (do 2 ao 30 -XI- 1993 - Pontevedra
CURSO do CEFOCOP: “AS ACTIVIDADES DA NATUREZA NO CURRICULO DA EDUCACION FÍSICA” (!5 de V a 12 VI - 1995 - Ourense)
CURSO do CEFOCOP: “AREA DE USO E ELABORACIÓN DIDÁCTICO AUDIOVISUAIS” (do X ao XII-1996 - Ourense)
CURSO do CEFOCOP: SEMINARIO `PERMANENTE “TALLER DE CREATIVIDADE” (do X -98 a VI do 99 - Ourense)
CURSO DA XUNTA DE GALICIA. “UTILIZACIÓN DO DEQUIPAMENTO DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA DO BACHARELATO” (IX-2001- Ourense)
CURSO DA XUNTA DE GALICIA. “MANEXO DO CAPTURADORA DE DATOS E PROCESAMENTO DOS MESMOS” (XII-2001-Ourense)
CURSO DA XUNTA DE GALICIA. “ELABORACIÓN DE MATERIAIS EDUCATIVOS COMPLEXOS CO PROCESADOR DE TEXTO” ( III-IV- 2002 - Ourense)
CURSO DA XUNTA DE GALICIA. “EQUIPAMENTO INFORMÁTICO DE BIOLOXÍA” (XI-XII-2002-Ourense).
Entre 1994 e 1995 fixo cursos co Centro Dramático Galego, un de Dramatización e outro de Creación de textos con Miguel Narros.
En 1997 e 1998, de novo en Barcelona, formouse na Escola de Expresión de Barcelona en Escenografía e luces; e na Escola de Expresión de Barcelona estudou Comedia del Arte Italiano.
Así mesmo preparouse con Bárbara Colio no curso Laboratorio de Dramaturxia.
No 2013 crea o GRUPO TEATRAL “SOLO” formado por exalumno/as
de IAD e Fernando Gabelo, estreando, por medio da ASOCIACION DO CANCRO DE
OURENSE , no Teatro Principal de Ourense a obra que leva o mesmo nome: SOLO que
foi levada as catro capitais galegas e varios municipio da provincia.
Esta obra foi de tal impacto pola súa posta en escena que estivo en activo ata o 2017 chegando a ser representada no Centro Ourensano de Newark, Nova Jersey.
En 2016 dirixíu Obradoiro de teatro na Universidad de Vigo no último curso de EDUCACIÓNE TRABALLO SOCIAL. En 2017-18 dirixíu o OBRADOIRO DE TEATRO DO ESPAZO XOVE (Xunta de Galicia) de Ourense.
Estamos ante unha muller cuxa enerxía é inesgotable e que está facendo un labor encomiable no Concello de Coles, dinamizando ao pobo e animándoo a participar en actividades. Tal que así, desde 2016 animouse a crear e dirixir O GRUPO DE TEATRO AFECCIONADO COLES, formado por 31 personas con idades entre 9 e 83 anos. Para eles Matilde escribiu dez das trece obras estreadas que foron epresentadas en diversos municipios de Galicia.