RECANTO DE REFLEXIÓNS

11 agosto 2024

AS MULLERES OURENSÁNS IMPLICADAS COA LIGA REDENCIONISTA DE ACCIÓN GALLEGA

(Mitin de Acción Gallega en Ourense. Ano ¿?)

En xaneiro de 1910 comezou a publicarse en Madrid unha revista chamada Acción Gallega cuxos propósitos era defender ao campesiñado pero fóra de toda significación política, de ideoloxías vermellas ou negras, dicíase para consagrarse a defender. Esta revista será o Órgano Oficial da Liga Redencionista agraria de Galicia e os seu director era Basilio Álvarez. Os seus dez mandamentos eran.

  1. Redención de foros.
  2. Extirpación do caciquismo.
  3. Laborar por conseguir comunicacións fáciles e rápidas entre Galicia e o resto do mundo.
  4. Fomento do turismo.
  5. Protección decidida e entusiasta ás industrias de salazón, hidrolóxica e vinícola.
  6. Establecemento de Bancos e Caixas de aforro agrícolas, Cooperativas e Montepíos.
  7. Procurar con todas as nosas forzas a fusión das Asociacións labregas.
  8. Interesarnos vivamente en favor da industria pecuaria.
  9. Promover o desenvolvemento e implantación das industrias rurais.
  10. Non aceptar para Galicia outros deputados que os que veñan ao Congreso co carácter de representantes das aspiracións agrarias.
Na revista escribían Manuel Portela Valladares, Luís Antón del Olmet, Galo Salinas, Juan del Montes...

Foron de especial seguimento popular os numerosos mitins que a Liga organizaba polas diferentes vilas ourensáns, Ribadavia, Carballiño, Viana, Trives...nos que espallaban as súas ideas contraforistas e anticaciquís e nos que había unha grande asistencia de homes e tamén mulleres.  A afouteza das palabras dos oradores animaba aos labregos e labregas a librarse da opresión dos terratenentes. Palabras e sentimento que foron recollidas no seu himno. Así falou nunha ocasión Manuel Lustres Rivas:

Teníamos fe, una fe ciega en la victoria. Nos daba esa fe el conocimiento de la justicia de nuestra causa. y formando bloque, en falange compacta, cantando las estrofas bravas y únicas del himno de acción gallega, del himno que el Poeta de la Raza, Cabanillas, compuso en una hora de intensa fiebre, con el vello erizado y con los nervios en tensión dolorosa, vosotros, agrarios y yo, hemos luchado inflamados los corazones y risueños los ojos y los labios, por nuestra manumisión, por el logro de nuestras santas reivindicaciones...(1)

O himno composto por Ramón Cabanillas dicía así:

¡Irmáns! ¡Irmáns gallegos!
¡Dende Ortegal ó Miño
a folla do fouciño
fagamos rebrilar!

Que vexa a Vila podre,
coveira da canalla,
á Aldea que traballa
disposta pra loitar.

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra o sangue a regos
dende a montana ó mar.

¡Ergámonos sin medo!
¡Que o lume da toxeira
envolva na fogueira
o pazo siñorial!

Xa o fato de caciques,
Iadróns e herexes, fuxe
ó redentor empuxe
da alma rexional.

Antes de ser escravos,
¡irmáns, irmáns gallegos!
que corra a sangre a regos
dende a montana ó val.
(Cabanillas. R. (1979). Obras completas, I.  Madrid. Akal Editor)

Como se dicía, neste movemento tamén atopamos ás mulleres do campo, labregas que acudían aos mitins agrarios pois tamén lles repercutían os problemas do campo. Así vemos na fotografía da cabeceira como elas compartían os ideais la Acción Galega.
E, como sempre, a Igrexa tenta de evitar a desviación das mulleres e situalas na senda católica contrarresta creando a Liga de Mulleres Campesinas.

Vid: "Acción Gallega". (1910, 18 xaneiro). El Miño, p. 2. (1) "Un tema de meditación para los agrarios". (1922, 19 maio). La Zarpa, p. 1.