Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
RECANTO DE REFLEXIÓNS
▼
07 abril 2024
ENCARNACIÓN CORTIJO DIZ
Encarnación era de Moreira, Beariz. Foi acusada de ser contraria ao Movemento Nacional. Polo tanto, o Xulgado Militar especial de Incautacións ou Confiscacións de Ourense cuxo capitán Xuíz Militar, Eduardo Saavedra, indicou que debían incautárselle todos os bens a todas as persoas que pertencían a sociedades extremistas.Vid: Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial do Carballiño.ES.GA.32054.AHPOU/1.1.5.4.1.1.//7181/04. Caixa 7181/04