RECANTO DE REFLEXIÓNS

22 octubre 2023

LAURA SOLLA

Laura Solla naceu en Ourense no ano 1993 e a súa infancia transcurriu en Pontevedra. É unha das nosas mulleres internacionais.  O seu mundo é a música, máis concretamente, a guitarra coa que expresa o seu interior. 

Comezou a tocar aos trece anos pero ela xa desde moi pequena estaba apegada ao mundo da guitarra pois seu pai e o seu tío son guitarristas. Comezou tocando a guitarra española e, posteriormente, pasouse á eléctrica e xa, definitivamente, á acústica. Na actualidade está especializada en Lap steel guitar coñecida como guitarra hawaiana. Trátase dunha guitarra que se pon sobre as pernas e posición horizontal e tócase mediante unhas púas en cada un dos dedos da man como se fose un piano.

Ademais estudou a carreira de Psicoloxía en Santiago de Compostela e, mentres tanto, xa ía actuando en diferentes lugares ata que se planteou dedicarse á música. Trasladouse a Madrid e alí comezou a colaborar con diferentes artistas e a compor pezas musicais. 

As súas características de muller perfeccionista e profesional comezan a acadar grande sona e, por tal motivo, empeza a acompañar a grandes e recoñecidos artistas, entre eles, o internacional grupo Coldplay. Chamouna o xefe de desde Live Nation España, unha empresa que organiza grandes eventos musicais, que é Robert Grima e propúxolle tocar xunto a Coldplay, unha banda británica formada en 1997 e que fai unha  musical indie-rock, pop e música electrónica. Unha agrupación de alcance internacional e aí, con eles, vai Laura Solla, grande guitarrista:

"Nací en Ourense, me crié en Pontevedra, estudié la carrera en Santiago....Galicia está ahí".

 (Elaboración propia a partir de diferentes fontes periodísticas e páxinas web.)