Fun invitada para impartir unha comunicación o día 20 sobre o SEG e a educación. Quixen enfocar a miña charla na influencia que deberon exercer sobre o seu alumnado os grandes docentes, profesores e profesoras de Ourense, que impartían na Normal, no Instituto, no colexios, nas academias e que estaban vinculados ao SEG.
Compartín palestra co profesor Uxío Breogán Diéguez que deu unha charla magnífica sobre a política no SEG. Aprendín moito sobre a xestación do Seminario os froitos que deu cara un galeguismo que naquel entón aínda estaba fresco.
Quero manifestar a miña gratitude aos organizadores Xosé Constenla e Isabel Mociño, así como a Xosé Manuel Cid Fernández por contar comigo nestas Xornadas tan corais e enriquecedoras
Para acceder á temática da charla clicar no seguinte enlace.
Así mesmo, incluín información do seguinte estudo: