RECANTO DE REFLEXIÓNS

24 septiembre 2023

EUFEMIA CID DE MARZÁS

En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas. Sen dúbida, a esixencia dunha vida impoluta e moral facía delas seres reprimidos e represaliados. É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.

Situémonos no pobo de Ambía no ano 1636, alí vivía Eufemia Cid, viúva de Blas Cid, que foi denunciada por feiticeira e embusteira. Foi sometida a tormento ad-arbitrium na noite do 11 de outubro de 1636 e anos máis tarde, no 19 de setembro de 1654, foi condenada por reincidencia a saír ao auto de fe. O auto de fe significaba que aquelas persoas que eran condenadas a morte polo tribunal de Inquisición eran entregadas á autoridade secular que se encargaba da execución levando aos reos ao lugar onde ían ser queimados. Neste caso, Eufemia foi levada polas rúas "embetunada" e exposta á vergoña pública para logo ser desterrada do seu pobo e de Santiago por catro anos.

Vid: Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia, Madrid, Arealonga, 1973, pp.197-198.