A entrada anterior tivo como protagonista á nai de Eduardo Blanco Amor. Esta de hoxe publícase tamén en conmemoración do día do nacemento de Eduardo que foi o 14 de setembro de 1897 e fala das mulleres que rodearon ao noso escritor máis xenial, máis modernista na súa literatura e na súa vida.
Unha das miñas novelas memorables é "La Catedral y el niño" de Eduardo Blanco Amor escrito en 1948. Ben é certo que teño unha querenza especial por este escritor. A súa prosa está impregnada de poética e sonoridade. Esta novela é para min moi especial pois aborda a vida da "Vella Auria", do noso Ourense. Como di Andrés Trapiello, unha novela barroca pois é recargada no relato.
Amosa o panorama da cidade de comezos de século onde as ideas vellas confróntase coas novas tendencias que comezan a fluír.
Unha Auria onde as forzas vivas e a composición social estratificada en grupos sociais sométense a un intenso pulso. Poe unha banda está a fidalguía decadente e xentes populares de ideas máis liberais. Entre as mulleresdeste grupo están a Pilar das Mulas, artesá que foi rexeitada pola comisión do gremio de ebanistas por quedar embarazada; Antonia a Cebola, A Pelana, a dona da casa de citas e encontros de Auria e a quen a Igrexa non quería enterrar no Campo Santo provocando a mobilización das xentes de Auria ata que o conseguiron; Paca a Coxa, Ramona a Campaneira, Matilde a Trenca, Xaquina...
Fronte a todo está a Igrexa, unha opositoria en toda regra das ideas de modernidade. Esa igrexa vixiante e censora materializada na monumental catedral. O sensible neno Luís, teme á igrexa. A escena do encerro na catedral supón un pesadelo para el. Olla a Cristo, ese Santo Cristo tan poderoso. "La basílica era el punto referencial de una quietud que no se dejaba subyugar por la mutación de lo natural...".
Estamos ante unha obra que pode entenderse como unha novela autobiográfica, e xira arredor da relación do neno Luís Torraba (Eduardo) cos seus pais, representantes da fidalguía decadente. O autor amosa os perfis psicolóxicos dos personaxes que son auténticos desta época na que as formas de pensar son diverxentes.
Unha novela na que o espazo feminino e o masculino están claramente definidos e son opostos e complementarios na Auria desta época. Catolicismo versus laicismo; conservadurismo versus liberalismo; tradicionalismo versus modernidade; reclusión versus liberdade. Este é o escenario do protagonista da obra que se atopa entre unha nai clerical e un pai bohemio; unha separación mental que tamén se converte en física. A nai prefire vivir no ambiente burgués da cidade mentres que o seu pai prefire retirarse a un pazo rodeado de amigos bohemios coma el. Na urbe está o espazo feminino de Luís e no pazo o espazo masculino. Non en van, esta dupla situación fixo que Eduardo chegase a dicir: “Mi niñez fue triste, muy triste, en un pueblo triste: Orense”.
No transfondo, o inmenso amor que ten o escritor pola súa cidade á que parece perdoarlle as súas contradicións.
Nesta obra están reflectidas retratos do feminino da súa familia pois son cobixo do protagonista Luís.
As mulleres que posan na fotografían serían as inspiradoras dos principais personaxes femininos da obra:
Carmela, a nai, (sentada, a primeira á dereita) á que lle profesa un grande cariño pois ela sente verdadeira debilidade polo fillo. A nai que o chama "Bichín". O neno quere quedar con ela e non irse co pai ao pazo. Pero ao fin terá que ceder. Realmente era unha muller que pretendía facer o ben e por iso trataba de axudar a Antonia a Cebola, falaba con Pilar das Mulas; solicitaba axuda a Florinda a parteira...
Doña Pepita, a tía.,é a madriña do neno. Unha muller de tradicións e de manter o boato e as boas apariencias. A muller ciumenta da súa irmá Carmiña pois estaba namorada con paixón do seu cuñado.A medida que Auria ía cambiando tamén Pepita facía esforzos e "se inclinaba a lo nuevo", ata o punto de converterse en anarquista por Jorge Belón y Capdepont con quen acabaría marchando.
A tía Lola, a tía Asunción, máis tradicionais e incapaces de adaptarse aos "recientes usos, se debatían en un resentimiento criticón lleno de "en nuestros tiempos".
Joaquina, a criada de toda a vida da familia, coñecedora de toda a situación. A que aínda fala en galego.
Blandina, a criada máis nova.
No final da novela aparece Rhut, amante dos seus versos.
Poema La Madre. (Recollido da novela)
Adviene por las cumbres encendidas,
señales y portentos le abren paso,
se rasga en dos el velo de la altura
para su muerte.
Sobrecogidos pasmos forestales,
arrodillados montes, quietos ríos,
y mudez repentina de los pájaros,
para su muerte.
Anunciada en arcángeles y signos
_se vieron en lo azul corona y palma_
hizo pie en la ribera del martirio,
para su muerte.
Nadie de más belleza sufridora,
ni voz así, de mágica y ardiente,
ni manos de tan altas bendiciones
para su muerte.
Certero fue el destino de su carne
de tránsito y dolor todos sus días
bendita era en su vientre y en su llanto,
para su muerte.
Sin otras flores del vivir gozoso,
he aquí que apenas fuimos sus pisadas
en la sangrienta roca de este mundo
para su muerte.
Después todo paso, la cruz y el vuelo,
la incontenible ausencia decretada,
el zarpazo del tiempo con su presa,
para su muerte.
No hubo siquiera pausas, no hubo adioses;
portento era el quedarse, no la ruta
volada, transitada sin decsenso
para su muerte.
Y ahora aquí, esta piedra encadenada,
esta callada entraña abierta al buietre
esta furia del hombre y su blasfemia,
para su muerte.
Este rostro de tierra, estos gemidos,
estas hierbas que nacen de mi boca,
estos pútridos ojos sin imagen
para su muerte.
_Dadme el acento, sepa la palabra
o argüidme un rostro que ella reconozca
desde sus ángeles, desde sus alburas,
para mi madre.
¿Qué miserable cieno expiatorio
o flor podrida o limos estancados
pueden formar el nombre requerido?
Para mi muerte.
Pido a mi sangre el eco de su paso,
palpo en mi carne el sitio de sus alas,
busco en mi voz la concetada suya,
para mi muerte.
Nada, nada, ni espectro ni memoria,
ni su hueco en el aire que la tuvo,
ni el resonar del tiempo así rasgado,
para mi muerte.
He aquí la soledad que nunca pude,
el declarado gesto de lo estéril,
el mundo en sí, vacío de respuestas,
para mi muerte.
¡Oh, si la oculta huella, si aquel tránsito
que iba de Dios a Dios, por donde andabas
dejado hubiera el cauce de tu huida,
para mi muerte!
¡Dame señal, soberbia de tus ángeles,
impasible, de Dios contaminada,
irreparable afán que así me niegas,
o dame un punto donde me desande
desde este amor sin ti, desde esta nada,
hasta el nacer desde otro fiel comienzo,
para mi muerte.
A figura da nai tamén aparece na Esmorga. É a nai que protexe, aperta, sosega. Tamén unha nai que o fai sufrir pola súa melancolía. Eduardo profesou un enorme amor pola súa nai que na vida real chamábase Aurora Amor Fernández.
Unha novela que é de obrigada lectura para coñecer máis a nosa Auria. Escrita cun decoro impecable, unha obra excepcional.
(Elaboración propia. Novela: Eduardo Blanco Amor, La Catedral y el niño, Libros de Asteroide, Barcelona, 2018. Fotografía da entrada extraída de Lois Diéguez, "O achegamento á súa novela en español", A Nosa Terra, Promocións Culturais Galegas, Vigo, Abril de 1993, p. 80. Novela escrita en 1948 cando estaba en Bos Aires pero que en España saíu en 1976, tres anos antes da morte de Eduardo Blanco Amor.)