ter entrado dende a idade de tres anos no colexio do Sagrado Corazón de Xesús en Francia ata os seis anos que foi trasladada a Nives, Departamento Dez-deux Sevrez.
No mes de maio de mil oitocentos cincuenta foi matriculada e ingresou na Academia de Belas Artes da cidade de Vitoria. En 1868 obtivo o título de mestra de primeira ensinanza superior para pasar a dirixir o Colexio Purísima Concepción. O 13 de xullo de 1870 veu trasladada para a provisión da escola elemental completa de nenas do pobo de Maside. O 26 de decembro de 1870 foi nomeada polo vicepresidente da Xunta Provincial unha das profesoras que tiñan que asistir aos exames de mestras que tiveron lugar na Escola Normal desta capital. O trinta de xullo de 1879, por comunicación do Sr. Gobernador da Provincia, foi escollida en concepto de examinadora para os exercicios de oposicións que tiveron lugar en agosto.
Fundou en 1884 unha escola privada de nenas na Rúa San Miguel, 16, en Ourense, denominada La Concepción na que impartía clases de ensinanzas básicas e francés. En 1875 dito colexio trasladouse á rúa do Progreso, número 45.
Era unha muller de grande talento artístico e participaba nas Exposicións rexionais onde destacaba polos seus debuxos a lapis como o de Goliat vencido por David; a alegoría de Rusia no ano 1812; Ecce Homo e tamén polos seus bordados en ouro.
(Fonte: El heraldo gallego, 3 setembro 1874, p.8)
Tamén tiña dotes interpretativas e en abril de 1874 representou un papel na obra La Fuerza de voluntad representada no Liceo ourensán.
A escola de Ramona gozaba de prestixio na cidade e a prensa local recolleu a seguinte noticia sobre a mesma:
El 23 del actual se celebraron exámenes en el acreditado colegio de "La Concepción" que dirige la distinguida profesora Doña Ramona Pérez de Acedo. Presidían el acto los Sres. Gobernador Civil y Eclesiástico, y el Inspector de Instrucción Primaria, la concurrencia era numerosa y escogida. La digna profesora del colegio expresó en breves y elocuentes frases su pensamiento, que no era otro mas que el despertar, por medio de un estímulo, el amor al estudio en el alma de sus jóvenes alumnas, formando de este modo de ellas unos verdaderos ángeles de la familia.Todas las preguntas que se hicieron á las niñas de Religión y Moral, Gramática, Geografía, Aritmética, fueron contestadas satisfactoriamente. La niña Eugenia Cuervo se distinguió por su inimitable gracia y por la soltura con que recitó una fábula, lo cual le valió el aplauso unánime de los concurrentes. Se presentaron trabajos esmeradísimos y labores primorosas en zurcidos y bordados en glanco, á litografía, en oro, con felpas, y otros diversos trabajos en flores etc. de las Señoritas Ángeles Bena, delia Montes, Pilar Pérez, Eugenia Pereiro Rey, Matilde Bordas, Consuelo Paradela, Cointa Mateos y María Vidal; de esta última (niña de 8 años) hemos visto un bonito bordado á litografía.Al terminar los exámenes tocaron con delicado gusto diferentes danzas las niñas Eugenia Cuervo y María Vidal.La concurrencia ha salido complacidísima. Enviamos la enhorabuena a los padres de las mencionadas señoritas...y a la ilustrada Directora del colegio por el interés y celo que demuestra por la educación de sus discípulas." (1)
En outubro de 1880 Ramona presentouse ás oposicións para a praza de Directora da Escola Normal de Mestras. As outras candidatas eran Aurora Zambrano, Juana Arroyuelo; Nicanora Díaz Carredano, Filomena Núñez Genova, Iluminada Prieto de la Cal, Perfecta Castro, Francisca Ramona Cancio e Carmen Rogina.
Nestas oposicións Ramona destacou en escritura e debuxo pero a praza foi para Nicanora.
(1)El Heraldo Gallego, 31 de decembro de 1874, p. 8.
Vid: Cid Galante, Rosa María, "A orixe da Escola Normal de Mestras de Ourense", Revisa Minius, 2007, p.p. 33-47; e tamén: El heraldo gallego, 2 abril 1874, p. 7; El heraldo gallego, 8 xullo 1875, p. 8; El heraldo gallego, 9 setembro 1875, p. 8; El heraldo gallego, 13 outubro 1880, p. 6; El avisador orensano, 10 de agosto de 1878; El Eco de Orense, 4 de outubro de 1884, p.3.