Tiña tres irmáns que gozaban de recoñecemento na cidade, Ramón que foi estudar enxeñeiría industrial a Bélxica rematando os estudos de xeito brillante. Outro dos irmáns era José Fernández Morais que traballaba na institución da Deputación encargado de obras públicas e estaba casado con Carmen López Llull. E Ricardo Fernández Morais era mestre e como bo ourensán fixo unha achega para o busto de Marcelo Macías e que casou en abril de 1934 con Dolores Ferro Martínez.
Felisa comezou os estudos de Maxisterio en 1927 obtivo sempre moi boas cualificacións.
Felisita era unha muller da súa época polo que participaba, xunto con un grande elenco de mulleres ourensás, na aportación para os roupeiros para os nenos pobres.(Roupero da caridade de Santa Victoria). Na súa xuventude participou nas batallas de flores e formaba parte das carrozas que desfilaban pola cidade o día das festas.
En marzo de 1936 asinou o manifesto do Grupo Feminino das Mocidades Galeguistas xunto con Rosa do Campo, Luísa Cid, Olimpia Varela, María G. Quiroga e María Cordeiro.
Inscribiuse en xaneiro de 1937 como voluntaria para confeccionar roupa para os soldados combatentes que se levaba a cabo no Liceo.
Casou en 1970 co médico Bernardino Alonso Fernández actuando de padriño o seu irmán Ricardo. O matrimonio tivo tres fillos: Xosé Ramón, Bernardino e Ricardo.
Dáselle o recoñecemento porque apoiou o manifesto das Mocidades Galeguistas actuando ademais como directiva do Grupo. Polo tanto, debe considerarse que era unha muller que, malia a súa condición tradicional, mantiña un respecto polo amor á Terra, polo amor a Galiza. Ben é certo que dito manifesto non ten un carácter político senón máis ben de proclama e chamamento ao deber de sentir orgullo pola Terra.
Faleceu en Ourense o 30 de novembro de 2014.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes e, Vid: Galicia, 17 de abril de 1934; La Región, 19 de decembro de 1928; La Región, 2 de xuño de 1929; La Región, 5 de xuño de 1928; La Región, 26 de xuño de 1970;A nosa terra, 27 de marzo de 1936).