RECANTO DE REFLEXIÓNS

11 abril 2023

CENTROS ACADÉMICOS NA CIDADE DE OURENSE PARA AS NOSAS MULLERES OURENSÁS

As mulleres ourensás que se matriculaban no instituto e na Normal podían realizar os estudos por ensinanza oficial e non oficial, dentro da cal estaría a libre e a colexiada. De xeito oficial significaba realizar o exame de ingreso no centro provincial de carácter estatal e a asistencia diaria ás clases das diferentes materias. Non oficial implicaba realizar tamén o exame de ingreso, aínda que os estudos se farían de forma libre por medio de colexios, academias e pasantías que preparaban para os rigorosos exames que nas convocatorias de xuño e setembro —e posteriormente en xaneiro— se celebraban no instituto provincial e na Normal. Estes centros podían ser de carácter relixioso ou segrar e absorberían a un cuantioso número de matrícula que ía medrando conforme se abrían máis centros.

A cidade de Ourense tiña, a comezos do século XX, un grande número de Academias e Centros de Estudos nos que poder prepararse para bacharelato e maxisterio e moitos deles ofrecían prazas para mozos e mozas. Tamén tiñan internado polo que moitas mulleres dos pobos puideron acceder aos estudos ( De feito, miña nai veu a Ourense e estudou na Academia Mercantil que estaba situado na rúa Bos Aires). 

Estes centros contaban cun profesorado de prestixio que ademais de impartir clases tamén organizaba eventos no centro, excursións, actos...Era frecuente que na prensa se reflectisen os éxitos do alumnado destas Academias.

Como dicía, Ourense contaba con varios centros privados académicos. A continuación faise referencia a daqueles que máis sona tiñan e ofrecían clases para mozos e mozas.




(Elaboración propia. Anuncios extraídos de diferentes xornais da hemeroteca Galiciana)