RECANTO DE REFLEXIÓNS

11 diciembre 2022

LUCÍA DO MATO

Xa consta no blog unha das vítimas da Inquisición como foi Constanza do Pazo. Na entrada de Constanza do Pazo dicía que a superstición e maledicencia facía concebir ás mulleres feiticeiras e meigas. Pois ben, en Ourense non foi Constanza a única acusada de tal condición, senón que xunto a ela aparece Lucía Mato. 

En efecto, a consideración das mulleres como seres débiles e dependentes facía que fosen (e sexan aínda agora) constantemente fiscalizadas ao esixírselles unha vida impoluta e moral. 

É ben certo que a época da Inquisición en España deu lugar á opresión das mulleres. Nuns tempos nos que relixión exercía un control exhaustivo sobre a moral aproveitou a ocasión para atemorizar ás mulleres por se tiñan a ocurrencia de pervertir o orden natural establecido. Non tivo en reparo en considerar meigas a todas aquelas que ousasen saírse da norma. Aquelas que tiñan estudos, as que eran decididas, fortes e autónomas xa podían facilmente considerárselles meigas e heréticas.

No libro de Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia publicado en 1885 pola Voz de Galicia e reeditado en 2012 pola editorial Maxtol de Valladolid recolle o caso acontecido en 1602 de Lucía Mato de Santa María de Vilanova de Ourense e di así literalmente:

Lucía do Mato era vecina de Santa María de Villanueva; y hallándose el inquisidor en la de Allariz, después de publicados los edictos, concurrieron varios delatores acusándola de hechichera. Dijo uno de ellos, y quedaron contestes los demás, de que habiéndola llamado a curar un enfermo, a quien, sin duda, causara la muerte, pidió un barreño, echó agua; y con gotas de cera bendita y ramos de oliva, la removía, pronunciando entre dientes oraciones incomprensibles. 

Hizo un agujero en el umbral de la puerta del aposento donde dormía el enfermo, y echando tres gotas de la misma cera bendita dentro del dicho agujero tapólo con las ramas de oliva; y con esto dijo, dando por terminada su curación, que allí dejaba encerradas las malas brujas y no hubiese miedo alguno que volviesen a hacer daño al pobre enfermo, el cual falleció, como casi todos los de las aldeas fallecen todavía, sin asistencia facultativa, y apresurados, cada vez más, por las imprudencias y malos consejos de estos curanderos...(1).

 A Inquisicición, un tribunal férreo e inxusto, actuou implacable contra as mulleres e entre elas algunhas das nosas mulleres ourensas.

(1) Bernardo Barreiro titulado Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia, Madrid, Arealonga, 1973, pp.109.