RECANTO DE REFLEXIÓNS

04 diciembre 2022

DELIA CALVO MORAZA

Era a irmá de Blanca Calvo Moraza, a directora da Escola Obreira de adultas. Delia foi a cofundadora de dita Institución. Os pais eran Juan Calvo e Protasia Moraza Berroeta que rexentaban un comercio na Praza Maior, 22. A nai formaría parte da Xunta Local de Primeira Instrución na cidade, falecería o 6 de marzo de 1940 aos 90 anos de idade.

Eran catro irmás: Blanca, Carmen, Delia e Estrella e un irmán chamado Juan Alejandro. As mozas  participaron na súa xuventude das festividades da cidade como a Batalla de Flores.

Delia casou en setembro de 1909 con Agustín Carballo Rey que era secretario da cámara de comercio e ocupou algún tempo o cargo de Tenente Alcade do Concello de Ourense. Faleceu en setembro de 1924 en Santiago, a onde acudira para o tratamento da súa enfermidade.

Seguindo a tradición da súa irmá maior, tamén fixo maxisterio converténsose en mestra e despois do falecemento da súa irmá Blanca, pasou a ser a Presidenta da Escola Obreira de Ourense, compaxinando esta faceta coa de Ministra da V.O.T, cargo polo que era invitada a dar charlas e conferencias  que se impartían por medio da Radio-Ser. 

Como a súa irmá Blanca, Delia era unha muller firmemente devota e tradicional pero non por iso desmerece para nada o labor que fixo pola cultura das mulleres ourensáns. Publicou con frecuencia artigos de temática relixios na prensa local como o publicando o 7 de abril de 1940 en La Región titulado Las Siervas de María realzando o seu labor de axuda aos máis necesitados. Diversos artigos de temática bíblica como o publicado sobre Cristo en Emaús en La Región 8 de abril de 1942 e o publicado o 21 de xuño de 1952, pouco antes de morrer, no que falaba da familia e do Sagrado Corazón. Pero hai un que sobresae entre todos, e é o escrito que titulou "María Magdalena por el camino del dolor", publicado en La Región o 18 de abril de 1943 no que fai unha defensa da figura de Magdalena como muller que soubo seguir a Cristo. Di dela que amou a Cristo, que o seguiu  e que chorou por el no sepulcro. Dálle humanidade e, en certa medida, deféndea da controversia que sempre tivo esta figura. Outórgalle o rango de estar sentada no trono "desde onde reina e exerce o seu maxisterio".

Froito desa vocación relixiosa, no ano 1951 a Escola Obreira foi rexentada pola Sección Feminina da Xuventude Antoniana pois Delia Calvo expuxera a conveniencia de colocar a Escola baixo a protección dunha asociación franciscana. A maioría do profesorado pertencería, a partir de entón, á Asociación Franciscana. 

Faleceu en Ourense en xullo de 1952. Numerosas alumnas da Escola Obreira sentiron a perda da súa mestra destacando dela que fora a digna sucesora da súa irmá Blanca e que levara con tesón a obra de manter viva a Escola para que as mulleres adultas puideran ter a oportunidade de aprender.

(Fonte: La Región, 6 de xullo de 1952, p. 3. Galiciana).

(Elaboración propia a partir de: El Correo de Galicia, 14 de setembro de 1909; p2; El Correo gallego, 26 de febreiro de 1947, p. 2; Galicia : diario de Vigo, 30 setembro 1924; "Ha muerto la Señorita Delia", La Región, 11 de xullo de 1952, p. 2,