RECANTO DE REFLEXIÓNS

30 septiembre 2022

MARÍA LUÍSA VICENTE GALÁN


É unha evidencia que o maxisterio foi sempre unha tradición en Ourense e aínda o está sendo no presente. Pois ben, nos seus tempo, os docentes recibían premios de méritos por vocación e na escolas como é o caso que nos ocupa. 
María Luísa foi unha mestra ourensá que nos anos setenta rexentaba a escola de Laza. Mestra vocacional, distinguida e profesional. Suficientes méritos que lle comportaron quedar no primeiro posto como "Mestra Ideal" na Terceira Edición do Certame nacional que a Caixa de Aforros de España celebrou no Hotel San Martín co gallo do Ano da Educación declarado pola Unesco.

Luísa foi escollida de entre seis mestras nacionais finalistas e tras a realización dun test resultou gañadora. 

Esta vitoria tivo un significado especial xa que se considerou unha dignificación e homenaxe a todo o maxisterio ourensán.

Logo no V Certame quedaría de segunda tras as respresentante de Oviedo.

É interesante resaltar a iniciativa das mulleres ourensáns, neste caso mestras, que acaban demostrando a súa valía.

(Fonte: El Pueblo Gallego, 22 de maio de 1970, p. 15)

(Elaboración propia a partir de diversas fontes) Vid: El Pueblo Gallego, 13 de setembro de 1969, p. 14; 16 de agosto de 1970, p. 16).