Naceu en Ourense. En 1916 concursou a unha praza de auxiliar de Labores para a Normal de Cáceres pero non lle foi concedida. O 22 de xuño de 1921 foi nomeada mestra auxiliar de Labores da Escola Normal de Mestras de Ourense.
(Fonte: Suplemento a La Escuela moderna. 29 de xuño de 1921, página 6-7)
(Vid:
Era moi habitual en eventos humanitarios e xunto coas inspectoras Antonia Ortiz e Aurora Maceda e outras distinguidas as Señoras Muñiz, Ferreiro, Caramés, Ribadeneira, repartía alimentos para os pobres consistente nun quilo de pan e paquetes de arroz, touciño e fabas.
Cando en Ourense se recadaba fondos para o busto de Marcelo Macías, Concepción suscribiuse dando un donativo. Tamén contribuíu á festa dos maios celebrados en 1936. Todo isto di dela ser unha muller que tiña sensibilidade pola cultura galega.
Segundo consta no Boletín Oficial do Estado, Concepción xubilouse o 21 de decembro 1953.
(Elaboración propia a partir de diversas fontes)
Vid: Rosa María Cid Galante, A Escola Normal de Mestras de Ourense (1877-1970)a súa orixe e os seus
emprazamentos, Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións,
2013; «De Instrucción Pública», El Compostelano, 1 de xullo de 1921, p. 2; «El donativo a los pobres», Heraldo de Galicia, 20 de marzo de 1929, p. 6; «Suscripción para el Busto de Don Marcelo Macías», La Región, 6 de abril de 1934, p. 6; «La fiesta de los maios», La Región, 21 de abril de 1936, p. 4, B.O.E., 27 de maio 1953, p. 3149.
Suplemento a La Escuela moderna. 14 de agosto de 1918, n.º 2.264, página 5; El Compostelano, 1 de xullo de 1921, p. 2)