RECANTO DE REFLEXIÓNS

18 septiembre 2022

CLAUDIA PIÑEIRO


Supoño que a persoa que hoxe traio ao blog permitirame dicir que é ourensá. Moitas veces unha non é de onde nace senón de onde se sente e creo que estamos no caso con Claudia Piñeiro, escritora e guionista afamada. Naceu en Arxentina o 10 de abril de 1960 pero ese apelido que leva non pode ser máis explícito de que ten orixes galegas. 

En efecto, Claudia Piñeiro procede dunha familia ourensá natural do pobo de Castro en Laza de onde era a súa nai. Claudia, movida polo sentimento e emoción veu un ano ao pobo para achegarse á familia ourensá. O bisavó era afiador e marchou a Arxentina coa roda de afiar e anos máis tarde marcharía a súa bisavoa para atoparse con el.

Claudia inscribiuse en 1978 en Socioloxía na Universidade de Bos Aires pero como a ditadura cívico-militar arxentina de 1976 pechou esta facultade por considerala "sospeitosa", opta por matricularse en Ciencias Económicas na carreira de Contadora Pública. 

Pero a paixón pola escritura fai que comece a dedicarse de pleno a dita vocación e empeza a ter numerosos recoñecementos. Consegue o premio Clarín pola obra "Las viudas de los jueves" que será adaptada ao cine. Tamén acabaron levándose ao cine as obras"Tuya", "Beltibú", "Las grietas de Jara" que é unha adaptación dunha novela de Piñeiro.

A súa incursión na literatura levouna a realizar tamén contos e incluso guións para series televisivas como a do "El Reino" de Netflix.

Estamos, pois, ante unha arxentina-ourensá que recoñece á súa terra e as súas raíces.

Vid: Wikipedia