Naceu en Casardomato o 4 de novembro de 1897. Era irmá de María Ferrín Novoa e filla de Angel Ferrín Moreiras.
Fixo o exame de ingreso no Instituto Xeral e Técnico o 19 de setembro de 1910. Estaría matriculada ata 1912 nas materias de Lingua Castelá, Debuxo 1; Debuxo 2; Caligrafía, Relixión 1 e Aritmética, nas que acadou un notable; e na de Nocións de Aritmética e Xeometría, Xeografía xeral e de Europa nas que acadou un aprobado. Todo isto viuse interrumpido polo seu falecemento inesperado e repentino o 8 de novembro de 1913, cando tiña dezaseis anos. A cidade sentiuse conmocionada pola perda.