Naceu en Nogueria de Ramuín o 15 de xaneiro de 1896 e o seu pai era médico. Realizou o exame de ingreso no Instituto Xeral e Técnico o 20 de xuño de 1912 e nese ano a Fundación Figueroa concedeulle unha pensión de 5500 pesetas para os estudos de maxisterio que rematou en 1915 sendo premiada con Matrícula de Honra. Comezou a traballar de mestra e estivo destinada en diversas escolas da provincia, Rubiá, A Peroxa.
Coa chegada da Ditadura Blanca tamén sería obxecto de control pola Comisión Depuradora pero ao non atoparse sospeitas contra ela foille confirmada a escola en 1940.
En 1952, estando na escola de Laxas, A Peroxa, foi sancionada pola Comisión con quince días sen soldo por irregularidades no funcionamento da escola. Non sabemos de que irregularidades se trataba pero nos tempos que corrían, toda sospeita tiña cabida.
Blanca exercería a profesión ata que xubilou.
(Elaboración propia a partir de fontes diversas)
Vid: Carmen Benso Calvo e Rosa María Cid Galante, Los expedientes de las
estudiantes de bachilleratouna fuente básica para el estudio del alumnado
femenino de los institutos. Ourense como ejemplo (1900-1930); Historia de la
educación: Revista interuniversitaria, ISSN 2386-3846, ISSN-e 0212-0267, Nº 26, 2007, págs. 437-470; La Correspondencia Gallega, 16 outubro 1912, El Correo de Galicia, 31 de agosto1917; Vida Gallega,
20 de febreiro de 1917, p. 19. Foto: Vida Gallega, 20 de febreiro de 1917 (consultado en Galiciana)