RECANTO DE REFLEXIÓNS

26 septiembre 2021

HAYDÉE SANTAMARÍA CUADRADO

Como vén sendo habitual, este blog inclúe ás nosas mulleres de alén dos mares pois as súas raíces familiares están afincadas no noso terruño. É o caso que nos ocupa con Haydée Santamaría Cuadrado a coñecida "Heroína de Moncada", de alcume "Yeyé".

Haydée naceu no Central Constancia, Encrucijada, Cuba, o 30 de decembro de 1923 e era a maior de cinco irmáns nacidos do matrimonio composto por Benigno Santamaría Pérez, natural de Ribadavia e que emigrara a Cuba a comezos do século XX, e de Joaquina Cuadrado Alonso, natural de Salamanca. 

Na escola de primaria o mestre ensinoulle a Yeyé o significado dos apelidos Céspedes, Agramonte, Maceo e, sobre todo, José Martí, todos eles figuras que defendían a liberdade de Cuba.

Rematados os estudos de primaria, Haydée quixo ingresar na Escola de Enfermería pero non chegou a facelo polo ambiente sociopolítico da illa. Entón trasládase a Habana onde se reúne co seu irmán Abel e comeza a sensibilizarse polos problemas sociais que a levan a militar nas Juventudes Ortodoxas, un partido fundado en 1947 por Eduardo Chibás. Era un partido primordial antes da Revolución cubana e que tiña como símbolo unha vasoira para "varrer" toda a corrupción da política e como principio esencial o de liberar a Cuba de todo imperialismo.

Cando foi o golpe de estado de Batista en 1952 Haydée e o seu irmán Abel xunto con outros compañeiros revolucionarios comezaron a editar periódicos clandestinos coa intención de axitar á sociedade contra o novo réxime. Logo coñeceu a Fidel Castro integrándose no movemento revolucionario Generación do Centenario formando parte do Movemento Femenino Cubano.

Haydée participou no asalto do Cuartel de Moncada e realizará labores de auxiliar de enfermería xunto a Melba Hernández para atender a todos os feridos. O asalto estaba organizado e dirixido por Fidel Castro pero, foi un fracaso e a orden do Ditador foi a de eliminar a dez revolucionarios por cada soldado do réxime morto en combate. Foron asasinados a maior parte dos asaltantes e os que sobreviviron acabaron sendo detidos e condeados a prisión.

Haydée caeu prisioneira e para sonsacarlle información dixéronlle que o seu irmán e o seu noivo Boris Luis foran torturados (incluso lle ensinaron un ollo de Abel e parte dos xenitais de Boris) pero non dixo absolutamente nada, simplemente pronunciou as seguintes palabras: "morir por la patria es vivir". Un feito que deu lugar a que o propio Fidel enxalzara a figura de Haydée indicando que nunca fora posto en tal alto heroísmo o nome dunha muller cubana.

Yeyé foi trasladada a un cárcere en Guanajay sendo considerada presa política polo que durante o seu encerro puido recibir visitas. Foi posta en liberdade o 20 de febreiro de 1954 e ao saír do cárcere estaban agardándo por ela os seus pais e irmáns. 

Pero Haydée non parou nas súas ansias revolucionarias e de alí a pouco comezou a editar un novo manifesto titulado "A Cuba que sufre" onde Fidel e os seus compañeiros plasmaban o espírito de derrocar a Batista. Haydée, Melba, a súa grande compañeira, e Lidia Castro organizaban e reconstruían as notas do espírito de Moncada que Fidel escribía con zume de limón e conseguía sacar do cárcere. Fidel pedíalles  que fixeran os maiores esforzos para imprimir La Historia me absolverá.

Haydée participaría activamente na revolución cubana e Fidel desígnaa delegada do movemento no exilio cuxa finalidade era aglutinar as forzas da revolución. Co triunfo revolucionario traballaría no Ministerio de Educación e posteriormente Fidel confíalle a fundación da Casa de las Américas. Tamén participaría en diversos organismos institucionais.

No ano 1956 casou cun compañeiro da revolución, Armando Hart, e tiveron dous fillos. O matrimonio comezou a administrar un orfanato e acollían a nenos desvalidos. Aos dez anos de matrimonio a parella separouse. 

Haydée viña padecendo unha forte depresión xa que fora perdendo moitas amizades no camiño e as marcas e durezas da revolución seguían presentes na súa vida. Esa pena levouna a buscar a morte suicidándose na Habana o 28 de xuño de 1980 cando tiña 57 anos. Tres anos despois da súa morte os seus fillos morreron nun accidente de tráfico. 

Fina é unha poetisa cubana que recibiu o premio Nacional de Literatura en 1990; o premio Iberoamericano de Poesía Pablo Neruda en 2007 e o Reina Sofía de Poesía Sudamericana no 2001. O seguinte poema dedicoullo a Haydée Santamaría:

"A una heroína de la Patria"

Pónganle a la suicida una hoja en la sien,

una siempreviva en el hueco del cuello.

Cúbranla con flores, como a Ofelia.

Los que la amaron se han quedado huérfanos.

Cúbranla con la ternura de las lágrimas.

Vuélvanse rocío que refresque su duelo.

Y si la piedad de las flores no bastase

díganle al oído que todo ha sido un sueño.

Ríndanle honores como a una valiente

que perdió sólo su última batalla.

No se quede en su hora inconsolable.

Sus hechos, no vayan al olvido de la yerba.

Que sean recogidos, uno a uno,

allí donde la luz no olvida a sus guerreros.

Ríndanle honores como a una valiente

que perdió sólo su última batalla.

Vid: Santamaría

Haydée Santamaría

Fina García Marruz

Asalto ao Cuartel de Moncada

La Noche, 5 de xaneiro de 1966.