RECANTO DE REFLEXIÓNS

13 junio 2021

CONCEPCIÓN ARENAL E EMILIA PARDO BAZÁN NUN CERTAME DA NOSA CIDADE

Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán tiveron tamén algo que ver coa nosa cidade e , por certo, sería motivo de certa desavenencia entre estas dúas insignes mulleres.

En 1876 convocáronse en Ourense catro premios literarios en torno á figura de Benito Jerónimo Feijóo para celebrar o centenario do seu nacemento. As bases do concurso indicaban que se lle concedería o premio ao mellor estudo crítico sobre a figura deste intelectual. A dito premio presentáronse Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán. A primeira entregou un traballo de carácter máis polémico e ensaístico, de acordo coa súa liña titulado "Juício crítico de las obras de Feijoo" onde fai unha reflexión a cerca do desagradecido pobo español que non fai esforzos nin lle interesa recoñecer aos grandes intelectuais e, así mesmo, tamén sospeita que Feijoo , estando tan ligado á relixión, puidese escribir libremente. Para ela máis ben estaría coaccionado pola relixión. Por tal motivo, deixa a Feijoo nun nivel de intelectualidade medio e que non chega a ser realmente rebelde, entendéndoa para cambiar o mundo. Emilia presentou un texto máis literario no que se ensalzaba a figura do beneditino titulado "Examen crítico de las obras del P. Maestro Feijoo".

O xurado tivo serias dificultades para outorgar o premio, estaba moi dividido. Entón delegaron a responsabilidade, finalmente, a unha comisión da Universidade de Oviedo. Esta comisión decidiu declarar o premio deserto pero concédelle o accésit a Emilia Pardo, pero que non entrañaba cuantía ningunha por non gañalo realmente. En canto ao traballo de Concepción Arenal foi considerado pésimo. Agora ben, talvez esta valoración estivese mediatizad polas ideas bastante transguesoras de Concepción Arenal. Isto pode extrapolarse polo comentario que fixo Menéndez Pelayo sobre o traballo de Arenal ao dicir que o considera un cúmulo de desatinos e que "lle sorberon o seso os krausistas".

O caso foi que Concepción Arenal encaixou moi mal o fallo do xurado. Emilia tiña entón vinte e catro anos e Concepción cincuenta e seis e consideraba que o premio fora fallado en beneficio de Emilia Pardo Bazón por ser de familia nobre. 

Pois ben, este feito fixo que non acabaran entendéndose e as desavenencias continuaran, malia que a condesa quixo poñerse en contacto con ela nalgunha ocasión.

Realmente son dúas mulleres diferentes, con diferentes puntos de vista sobre a vida e como enfrontar e vivir a vida. Unha é estoica e hierática, férrea, ethos. A outra é sociable, optimista, vividora, pathos.

Pero dunha cousa temos que estar de acordo, as dúas tiñan mentes privilexiadas.



El Correo gallego 1887 marzo 25

El Correo gallego  1887 agosto 13

Vid: Anna Caballé, Concepción Arenal. La caminante y su sombra, Editorial Taurus, Madrid, 2018. Esta autora fai referencia á Reseña del Certamen literario celebrado en Orense el día 8 de octubre de 1876 en honor del R.P.M. Fray Benito Jerónimo, Imprenta y librería Gregorio Rionegro Lozano, Orense 1877.