RECANTO DE REFLEXIÓNS

15 diciembre 2020

VIRXINIA PEREIRA RENDA

A traxectoria vital de cada quen parte dunhas fondas raíces que proporcionan a seguranza e a savia das persoas, algo que sempre permañece e que nos nutre día a día. Por iso non podemos deixar de mencionar neste blog a mulleres que, respectando o seu lugar de orixe e nacemento, os seus antepasados son oriúndos da nosa terra ourensá. Virxinia Pereira naceu na Estrada o 19 de outubro de 1884 e era filla do ourensán Camilo Pereira Freijenedo e de Peregrina Renda e a muller de Castelao. Os seus avós paternos eran Hipólito Pereira e María Freijenedo, oriundos de Seoane de Arcos en O Carballiño. O seu pai, Camilo Pereira, Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago e instalouse na Estrada a finais da década dos sesenta como procurador dos tribunais. Casou en 1873 con dona Peregrina Renda e tiveron dez fillos sendo Virxilia a sétima dos seus vástagos. Foi concelleiro da Estrada e deputado provincial (1888-1900) polo Partido Liberal. Foi secretario do xulgado municipal da Estrada e presidente da empresa Automóviles Gallegos. En 1926 concedéronlle a medalla do Traballo

Virxinia Pereira casou con Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pero non foi unha muller que permañecese á sobra do seu ilustre home, tamén ela tivo un protagonismo especial na nosa historia. Evidentemente o matrimonio vai estar moi apegados á cidade de Pontevedra. Virxinia coidaría constantemente de Castelao. Castelao consegue, en 1921, unha praza no Instituto como profesor de debuxo e tamén obterá unha bolsa para a Ampliación de Estudos no Estranxeiro viaxando por Francia, Alemaña e Países Baixos.Virxinia queda soa atendendo do seu fillo delicado de saúde e pasará unha tempada en Vigo xunto cos seus pais e irmá Sara. O fillo falecerá sendo un duro golpe para a familia.


Cando a Castelao lle conceden outra bolsa para estudar as cruces de Bretaña, Virxinia vai con el. Ao voltar, Castelao é escollido Deputado das Cortes Constituíntes da II República e colabora coa redacción do Estatuto de Galiza ata que foi desterrado a Badaxoz no ano 1934. Virxinia permanece en Galiza e despois reúnese con el permanecendo ata que finaliza o desterro en 1935. Cando Castelao viaxa a Madrid para presentar o Estatuto sorpréndeo o Golpe de Estado, Virxinia estaba con el. Desde Madrid trasládanse a Valencia e, en 1938, realizan por encargo da República unha viaxe internacional de denuncia do fascismo que os levará a URSS, EEUU e Cuba. A súa casa de Pontevedra foi saqueada e cunha economía moi mermada trasládanse a Bos Aires. Eran anos difíciles aos que se lle sumaba a case cegueira de Castelao.

Virxinia sempre demostrou afouteza incluso cando lle foi detectado a Castelao o cancro. Ese senso aguerrido de Virxinia demóstrase nas cartas que lle enviaba á Josefina Bustamante, muller de Otero Pedrayo, e tamén a María Casares, onde lles falaba de Galiza e da loita antifranquista:


“É GALIZA isa NAZÓN GALEGA sempre asoballada,

que dende todol-os tempos tamén, vén recramando

sin desmaios os dereitos que tan inxustamente lle son negados”,


Virxinia vai ser moi activa no movemento nacionalista e sempre foi moi crítica co fascismo. De feito encarouse co Centro Galego de Bos Aires por recibir ao embaixador e cónsul do goberno franquista e permitía que ondease a bandeira "de pus e sangue" como ela indicaba. Virxinia retira da tumba do seu home a bandeira española da coroa.

Grazas a Virxinia mantívose o legado de Castelao. Ela coidou de que se salvagardase no Museo de Pontevedra. Virxinia faleceu en Madrid o 23 de novembro de 1969.

Virxinia non foi consorte, foi compañeira de ideas, de loita, de amor a Galiza xunto con Castelao.

La Región, 24 de Decembro de 1969

Vid: Wikipedia

Vid: Do gris ao violeta

Foto: Foto de Virxinia