RECANTO DE REFLEXIÓNS

12 julio 2020

MARISA DE MESA


María é unha artista pictórica nacida en Madrid pero de nai ourensá. Pasou gran parte da súa infancia en Ourense. Era a neta do prestixioso arquitecto Antonio de Mesa Álvarez o que deseñou o Obelisco e a fábrica de Tabacos. Fillo dun enxeñeiro do ferrocarril do Noroeste, cursou os seus estudos de Arquitectura en Madrid entre 1880 e 1887. Unha vez titulado accedeu na cidade da Coruña, a partir de 1890, aos cargos de arquitecto municipal e arquitecto de Facenda. Na mesma cidade foi académico da Real Academia de Belas Artes, ata que se trasladou en 1923 a Madrid, onde finalmente faleceu.

Entre as obras realizadas para o concello coruñés destacan o desaparecido lavadoiro público do Parrote (1896) e a reforma do edificio da Fábrica de Tabacos (1908), e quedaron sen executar outros proxectos de estilo ecléctico, como o mercado para a praza de San Agustín (1910 e 1911). Polo que respecta ao seu exercicio libre da profesión, as súas vivendas mantivéronse igualmente dentro do eclecticismo, sen chegar a implicarse na tendencia modernista. Unha das súas obras máis singulares foi a nova Terraza que substituíu en 1920 á primitiva modernista do paseo de Méndez Núñez, para servir como cafetaría e lugar para celebrar bailes, exposicións ou conferencias Real Academia de Historia.

Marisa dedicouse desde moi nova á pintura sobre todo pintura ao óleo e os seus mestres foron Sotomayor e Julio Moisés. Tamén era unha entusiasta admiradora do estilo impresionista e admiraba a Sorolla, pero tamén a Goya, Velázquez, O Greco, Murillo, Miguel Angel... Na súa temática poderíase apreciar a influencia de Sotomayor con cadros de temas costumistas e con cores e pinceladas contundentes ao óleo. Dicía que para se unha boa artista había que rodearse de bos mestres e ser unha persoa moi traballadora.

Tivo interesantes exposicións e moi existosas por toda España a comezos dos setenta.

Vid :Hoja Oficial del Lunes, 11 de decembro de 1972.