RECANTO DE REFLEXIÓNS

30 julio 2020

LINA ARAÚJO


Lina Araújo foi unha pintora que naceu en Cuba en 1943 pero os seus pais eran ourensás que emigraran á illa. Regresaron a Ourense nos anos sesenta pois perderan a facenda pola crise na illa. Vivía no ático dunha casa da rúa Cardeal Quevedo.

Comezou a pintar en 1956 a raiz dun coñecido veciño dos seus pais en Cuba, Félix Cosío, que era o mellor retratista de Cuba. Ela víao pintar con frecuencia, entón o pintor e a súa muller comezaron a darlle clases. Lina tiña un espírito artista que transmitía a través das súas pinturas o seu estado interior. Mesturou nos cadros a visión cubana e galega empregando como tema principal as paisaxes de clara sensibilidade.

Expuxo en numerosas ocasións no Liceo Ourensán sendo moi ben acollidas as súas mostras. Tamén noutras cidades galegas tiñan moita aceptación as pinturas coloristas de Lima. A técnica empregada era o óleo e era moi habitual que anunciasen as súas exposicións como "Pinturas cubanas e españolas" aludindo a esa mestizaxe das culturas nas que Lina se criou. Manifestaba que o que máis difícil lle resultaba era pintar o "aire" de Galiza.

Foi unha muller cosmopolita pois viaxou por toda Europa grazas á venda dos seus cadros.

Dicían que a súa pintura era viva, potencial e transcendente.

Vid: El Pueblo gallego, 16 de xuño de 1962; La Región, 20 de outubro de 1964, p. 5)