RECANTO DE REFLEXIÓNS

16 marzo 2015

ANGUSTIAS LOSADA VILLAMARÍN

Dona Angustias naceu no pobo de Toén no ano 1919. Aos 20 anos, é dicir, no ano 1939, matricúlase na carreira de Farmacia en Santiago ata 1946 de forma oficial e logra licenciarse.

Moi interesante é a tese de doutoramento de Laura Freire titulada Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015. Nela recóllense a traxectoria dos primeiros farmacéuticos e farmacéuticas da provincia. Grazas a esta investigación púidose completar a información das mulleres ourensás que foron incluídas no blog. No ano 1947 coléxiase co número 105. Abriu un primeiro establecemento farmacéutico en Puga (Toén) e, posteriormente, no ano 1958 abriu unha farmacia no Camiño de Bonhome, nº 7 e que aínda rexentaba no 1979.

De novo estamos ante unha muller pioneira e, aínda que non temos máis datos sobre ela, é conveniente que figure no blog polo feito de seguir a senda doutras mulleres anteriores que emprenderon os estudos na universidade e tamén ela abriría o paso a outras conxéneres.

Faleceu en Ourense o 25 de maio de 2016 aos 96 anos.

Vid: Cid Galante, Rosa, Muller e educación en Ourense 1900-1930. Tese de doutoramento.
La Noche, 27 de setembro de 1966; El Pueblo gallego 30 de maio de 1979.
Freire Quintas, Laura, Aportación a la Historia de la Farmacia en la provincia de Orense, traballo presentado na Facultade de Farmacia da Universidade Complutense en 2015, p. 143 e 237.