RECANTO DE REFLEXIÓNS

29 septiembre 2012

ISAURA AUREA USERO SOUTO

A comezos do século XX o acceso das mulleres á Universidade era complicado polas trabas sociais que supuña. Nin sequera estaba regulado como debería ser ese acceso. Pero a vontade pode máis e iso fai que mulleres, como Isaura Aurea Soto, se encamiñen a facer uns estudos superiores. 

Naceu o 10 de setembro de 1913. Era natural de o Carballiño e no ano 1929 estaba matriculada na carreira de Ciencias na Universidade de Santiago. No ano 1935 solicitou unha certificación para trasladarse a Madrid. Alí fai o Servizo Social prescritivo para as mulleres solteiras e rematou os estudos en 1940 

En 1945 foi nomeada profesora de Matemáticas para o Instituto Feminino de Lugo. En 1959 déronlle a praza de Física e Química no Instituto Frai Luís de León de Salamanca.

Pertenceu á Sociedade Española de Física e Química. Obtivo a cátedra de Matemáticas en 1980 do Instituto de A Coruña no que traballou ata que xubilou.
Faleceu en A Coruña o 1 de outubro de 2004.

Vid: Cid Galante, Rosa María, Muller e educación en Ourense (1900-1930), tese de doutoramento; El Ideal Gallego, 26 de abril de 1935, p. 8; 16 de o utubro de 1945, p. 9; El Progreso, 23 de decembro de 1939, p. 3; 26 de xuño de 1959, p. 2