Naceu en Ourense en 1968 aínda que a súa familia é de Nogueira de Ramuín. Os seus pais emigraron a Suiza e regresaron a Galicia cando Edita tiña cinco anos. A familia instalouse en Vigo, o seu pai comezou a traballar nos Asteleiros. A Edita gustábanlle as matemáticas e física e comezou en Vigo a carreira de TELECO cando acababan de instaurarse estes estudos en Vigo. Dos 125 matriculados, vinte eran mulleres e, entre elas, estaba Edita. Ao rematar a carreira trasladouse a Boston para realizar parte da súa Tese de doutoramento. Actualmente ocupa o cargo de Directora da Escola de Teleco en Vigo. Unha carreira e un cargo que é un reto para unha muller cando sempre se asociaron as enxeñerías para os homes. Unha das liñas nas que investigou foi a de deseñar unha técnica para detectar o cancro de mama.
Vid: Xornal, 5 de setembro, 2010.