Os estudos e prácticas efectuaríanse a porta pechada e en horas distintas dos practicantes. Dita sección autorizouse en Madrid, Barcelona, Granada, Santiago, Sevilla, Valencia e Valladolid. O RD de 10 de agosto de 1904 no seu artigo 13 dicía que para facer a inscrición no primeiro curso de matronas esixíanse estes requisitos: primeiro, ser maior de idade; segundo, certificado de aprobación nunha Escola Normal de mestras, da ensinanza primaria superior; terceiro, autorización do home se fora casada.
Vid: Cid Galante, R. "As primeiras ourensás ante o reto da educación universitaria", Revista Minius; ORTIZ GÓMEZ, Teresa, “De matrona a matrona: Francisca Iracheta y la divulgación de la ciencia obstétrica en España en 1870”, en Arenal, nº 1, vol. 6, pp. 183-195Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
RECANTO DE REFLEXIÓNS
▼
13 marzo 2011
MARINA GONZÁLEZ HERMIDA
Naceu o 25 de febreiro de 1904 en Bande. En 1927, cando tiña 24 anos, matricúlase na Facultade de Medicina en Santiago para estudar a especializade de matrona. Como sabemos, os cursos de matrona comprendían dous cursos e ela realízaos con brillantes cualificacións. En 1929 tiña o título de matrona coa cualificación de sobresaliente.
Para a regulación dos estudos de matrona ditouse a Real cédula o 10 de decembro de 1828, e de
forma máis exhaustiva, a do 21 de novembro de 1861 onde se regulou o ensino de
practicantes e matronas.