Vid: O Xornal, 2 de maio, 2010.
Ourense tamén conta con nomes propios de mulleres que transcederon na historia. Foron e son pioneiras destacadas en diferentes campos. Por tal motivo, é preciso recoñecelas xa que constitúen unha base importante na nosa historia local. Deste xeito, Ourense contribúe a ampliar a nómina das mulleres que ao longo da historia e en moitos lugares foron invisibles. Rosa M.Cid Galante.
RECANTO DE REFLEXIÓNS
▼
02 mayo 2010
MARÍA LUÍSA MALDONADO E ALVARADO
Filla de Dona Jacinta Alvarado e Fernando Maldonado. Terceira marquesa de Trives, casada con Don Evaristo Correa Calderón, escritor e periodista falecido en 1986.
Dona María Luísa (tamén en Trives se fala de Dona Amalia Maldonado e Alvarado) din no pobo que é descendente da Infanta Catalina Micaela, filla de Felipe II. O marquesado foille concedido á familia polos servizos prestados á Coroa en 1875.