RECANTO DE REFLEXIÓNS

01 marzo 2009

CORONA GONZÁLEZ ESTÉVE

Corona González naceu en A Rúa e vivíu en París, Londres, Brasil, Arxentina...sempre acompañando ao seu home que era Conselleiro Delegado do Banco Español de Río. Nos países estranxeiros tivo ocasión de coñecer a emigración galega e este sería un tema recorrente nos seus artigos. Colaboraba de forma asidua con A Nosa Terra. Os seus escritos tiñan un carácter reivindicativo en defensa da muller e da súa cultura e educación. O artigo máis interesante é o titulado "Para os pais que tein fillas" publicado en A Nosa Terra e onde acusa aos proxenitores por non ofrecerlles unha educación ás fillas.

“As mulleres precisan da educación e da instrucción mais que os homes. Educar unha muller é educar a Sociedade. Educar un home é educar nada máis que un home! (...) Os pais que tein (sic) fillos e fillas só se ocupan da instrucción dos fillos, algunhas veces facendo grandes sacrificios, incluso empeñándose para conquerir dar carreira algún...A muller precisa saber gañar a vida sin non for mais, pol-o menos tanto como o home. A muller pra abrirse camiño na vida pasa moitos mais apuros e desgostos –sen contar os traballos- que o home. É necesario ensinarlle a traballar, para ser independente, e facerlle comprender que non é necesario o casamento nen ser monxa, pra ser feliz n´este mundo. Só pode adquerir a súa independencia por medio do traballo, e o día que as nosas mulleres podan gañar a vida independentemente, sin precisar de ninguén, terán independencia de carauter, e poderán casarse, ou non, sin ter medo a quedar solteiras, pois non precisan de un que as manteña...

É preciso ós homes comprender e ver o necesario que é a educación e instrucción na muller, por iso quen teña súas fillas pense un pouco o que vae ser d´elas o día que pechen os ollos, si non ven o americano rico que salve a situación antes...[1]

[1] GONZÁLEZ, Corona, “Para os pais que teñen fillas”A Nosa Terra, , 1-4-1927, p. 9. A investigación feita por Aurelio Blanco Trincado arroxou moita luz sobre esta muller. Vid: Somos Comarca. (foto extraída do artigo)