RECANTO DE REFLEXIÓNS

01 marzo 2009

BLANCA CALVO MORAZA

Mestra de ensinanza primaria que naceu en Ourense. Os pais eran Juan Calvo e Protasia Moraza Berroeta que rexentaban un comercio na Praza Maior, 22. A nai de Blanca formaría parte da Xunta Local de Primeira Instrución na cidade, falecería o 6 de marzo de 1940 aos 90 anos de idade.

Tiña tres irmás que se chamaban Carmen, Delia e Estrella, que na súa xuventude  participaban das festividades da cidade como a Batalla de Flores, (ver imaxe) e un irmán chamado Juan Alejandro.

Blanca compaxinou o seu labor docente coa de escritora. Foi unha muller preocupada polas obras sociais, pola cultura popular, pola defensa dos máis pobres e humildes e, sobre todo, pola muller solicitando para ela unha cultura e unha educación. Sobre estes temas escribía en diversos xornais como o de Galicia publicado en Vigo; El Heraldo; El Compostelano; A Nosa Terra... Foi a impulsora da Escola Obreira en Ourense destinada ás mulleres adultas para que se alfabetizaran e adquiriran coñecementos e cultura. Así mesmo, tivo o cargo de concellala no concello de Ourense e era a súa palabra moi ben considerada e moi respectada na cidade.

Fundou a Escola Obreira o 13 de decembro de 1920 coa misión de atender aos máis humildes e darlle ás mulleres adultas que non acudiran á escola a oportunidade de adquirir unha cultura (para coñecer a implantación desta institución, ver referencias ao final da entrada). Ao falecer Blanca Calvo púxose ao frente da Escola a súa irmá Doña Delia Calvo que faleceu no 1952 polo que ocupou o seu posto Sofía Vázquez Delage. 

No ano 1951 a Escola Obreira foi rexentada pola Sección Feminina da Xuventude Antoniana pois Delia Calvo expuxera a conveniencia de colocar a Escola baixo a protección dunha asociación franciscana. A maioría do profesorado pertencía á Asociación Franciscana. 

En 1953 a directiva estaba formada pola Directora Sofía Vázquez Delage; Susa Quintas Soto como secretaria y Rosita Peregil Rodicio como tesorera. As ensinanzas que se daban eran cinco graos e, ademais clases especiais de mecanografía, corte e costura e un día á semana había clases xerais de administración e réxime do fogar e trato social. A finalidade da Escola era unha formación moral e relixiosa das alumnas. O Centro tiña unhas celebracións especiais o día da Inmaculada e a semana dos Exercicios Espirituais e o retiro mensual os terceiros domingos do mes e  a procesión. As clases eran gratuítas, contaban cun equipo de 28 profesoras tituladas en bacharelato, maxisterio, licenciadas en carreiras, e a matrícula chegaba a 86. 

Blanca foi unha muller influínte na cidade de Ourense e ocupou un cargo público como Concellala do Concello xunto con María Amor Roland en 1925, ambas as dúas designadas polo Alcalde cando na ditadura de Primo de Rivera se permitiu o acceso a algunhas mulleres aos Concellos para que levaran a cabo as funcións de beneficencia, de axuda social...Como representante no concello interviña nos actos culturais (ver fotografía inferior coa Unión Orensana). 

Tamén era poñente da Acción Católica de Muller en Ourense e como representante da agrupación acudía ás Asambleas Rexionais Galegas de Acción Católica onde tomaba a palabra e pronunciaba discursos como o titulado "La mujer en el hogar" moi eloxiado (ver fotografía inferior) e presidenta da Unión Patriótica Feminina.  No discurso "La mujer en el hogar" Blanca Calvo defendía á muller pura, a muller relixiosa, virtuosa que está destinada á vida doméstica pero tamén recoñece que os tempos están cambiando e que as mulleres tamén poden participar da vida pública, nas empresas, nos oficios e iso é bo para todos. Dixo textualmente "Antes la mujer quedaba reducida al gobierno de su casa y hoy además de atender a ella, se preocupa y trabaja por los intereses que nos son comunes".

Formou parte da Acción Cidudadana Gallega que era unha agrupación das dereitas ourensás que se constituíu en novembro de 1931 presidida por María Andino de Zarauza, Blanca Calvo, Señores Calvo Gambón, Francisco Villanueva, Rivas Martínez; Señor Mostaza y Dacal...Unha agrupación que se opuña aos novos idearios republicanos.

Tamén escribíu pezas dramáticas que logo eran representadas nos centros educativos que ela dirixíu, como a Escola Obreira Inmaculada Concepción en Ourense. Entre esas pezas destacan: Escuela de la vida, trátase dunha comedia publicada en La Zarpa e estrenada en 1924; Lo que se siembra"; "Al paso de la victoria" na que fai unha exaltación nacional; "Nuestra Virgen del Cristal" "La Cenicienta" "La Cabana de la Bruja"....E ademais, colaborou en numerosas publicacións, revistas, xornais...con artigos nos que expresaba a súa opinión sobre os asuntos de actualidade e de temática moi variada.

Estamos ante unha muller moi católica, moi devota, moi conservadora pero que consideraba que todas as mulleres debían ter acceso á cultura. Foi moi crítica coa medida de peche das escolas católicas das congregacións relixiosas levadas a cabo pola República, ela consideraba que deixaban no desamparo a moitos nenos pobres que podían beneficiarse delas. Escribiu un artigo no periódico El Eco de Santiago publicado o 27 de maio de 1936 en primeira páxina titulado "El cierre de las escuelas católicas. Los pobres niños" no que di que os prexudicados neste medida son os nenos.
Tamén escribiu enxalzando á bandeira vermella e gualda que para ela era a enseña da Patria, dita enxaltación viña determinada polo recén alzamento militar.

Desde logo, a figura de Blanca Calvo foi notoria na cidade. Nesta época concidían con outras insignes ourensás como Leonor López Pardo, Concepción Ramón Amat, Antonia Ortiz, e todas as mulleres galeguistas que comezaban a ser recoñecidas. Blanca foi unha muller de ideas moi firmes e tradicionais en canto ao papel da muller no fogar pero quería unha muller instruída, culta. E foi unha muller moi respectada pola intelectualidade como  Ben-cho-Sey.
 
Blanca Calvo faleceu en decembro de 1939 e foi enterrada no Bierzo. Foi unha perda moi sentida polos ourensáns e foron numerosos os escritos que se redactaron para exalzar a Blanca Calvo. Sobre todo desde as agrupacións católicas e cristiáns  como os Terciarios orensanos que viron que perderan unha das súas máis insignes defensoras. As súas compañeiras de Acción Católica de Ourense tamén sentiron a súa perda e rendíronlle homenaxe cunhas palabras na prensa local. A redacción de La Región eloxiouna como digna colaboradora. E as súas alumnas tamén ofreceron unhas misas na Capela de Santo Cristo.






“Blanca Calvo. Ilustre pedagoga y literata, directora del grupo escolar obrero femenino, institución de gran importancia cultural para las clases trabajadoras al frente de la cual ha obtenido grandes éxitos y realiza una meritísima y altruísta labor” (Vida gallega : ilustración regional, Nº 523, 10 de xuño 1932)





Transcrición do artigo da región sobre a necesidade da educación da Muller.

  1. LA NECESIDAD DE LA CULTURA EN LA MUJER Y MANERAS DE PROPAGARLA BLANCA CALVO La importancia de la misión de la mujer, ha sido unánimemente reconocida por todas la sociedades y por todos los pueblos, aún los menos civilizados. La mujer ejerce su influencia en el hogar doméstico, que es la mejor escuela para la formación del carácter, y todos sabemos, que es antes por el carácter que por la inteligencia, por lo que son grandes o pequeñas las naciones. En la infancia, el hombre es materia moldeable, y la madre el artífice que le da forma, y de que este artífice sea más o menos hábil, dependen la mayoría de las veces, los resultados de la obra educativa. ¡Cuántos niños vemos malograrse física y moralmente por incapacidad de las personas que han guiado sus primeros pasos en el intrincado camino de la vida!. La mortalidad infantil está en armonía con la cultura de la mujer hasta el punto, que donde esta aumenta, aquella disminuye en España, desgraciadamente, está en ese terreno a una altura lamentable, pues es, después de Turquía, la nación que ofrece la cifra más aterradora de niños muertos por la ignorancia de las personas que los rodean, especialmente la madre... Con razón podemos decir, parodiando el Gran Capital y gran estadista del siglo XIX que madre, es también lo que hace falta en España... Pero a la mujer no podemos sólo mirarla bajo el título de madre, es también hija, esposa, y es, sobre todo, mujer y en cualquiera de estas acepciones merece el cultivo de todas sus facultades, que la coloquen en la categoría a que Dios la hizo merecedora al darle una conciencia racional y una inteligencia, que en nada desmerece a la del hombre. Como afortunadamente, hoy están todos de acuerdo sobre este asunto, no es necesario insistir en él. Pero siendo indispensable educar debidamente a la mujer es preciso proporcionarle medios. Pues bien, esto es lo que ha sucedido con la mujer. Nada se la ha pedido, para nada se le ha exigido capacidad y hasta el único medio de cultura puesto a su alcance, las Normales, estaban tan faltas de medios, que eran lugares más propios para rechazar que para atraer a los amantes de la ciencia. La buena voluntad de algunos, deseosos del bien patrio, ha entreabierto a la mujer las puertas de la Escuela Superior, y digo entreabierto, porque en lugar de dejar franca la entrada, como se hace con todos los demás centros docentes, se limita el número de plazas, y se somete a la aspirante a ingresar en ella a un examen riguroso que es como si al que quisiera seguir la carrera de abogado se le exigiera para entrar en la Universidad el conocimiento de todas las leyes... Y sin embargo, la hemos visto lanzarse en tropel a esa pequeña brecha, lo que demuestra de una manera clara que si estaba satisfecha del exclusivismo que con ella se empleaba, ni carecía de deseos de verse redimida del estigma de la ignorancia con que hasta ahora se la señalaba. Es, por lo tanto, de absoluta necesidad abrir a la mujer nuevos horizontes que le sirvan como estímulo de la educación primero y como medio de vida después. A la mujer no se la ha excluido de ninguna de las cargas que pesa sobre todo ciudadano, ni se la ha considerado inferior para el castigo en el Código Penal, es pues justo que tampoco se vea rechazada de los cargos retribuidos del Estado, y téngase presente, que cada puesto que a ella se le otorgue, será una persona a la que se proporcione un medio de vida, y muchas las que por alcanzarlo cultiven su inteligencia. Además, como ejemplo, es contagioso y la influencia del medio tan grande podría ser esta una forma de regeneración social, pues el vicio es hijo predilecto de la ignorancia y elevar el nivel del pueblo física , moral e intelectualmente es el fin que todos los buenos patriotas debemos perseguir.

  2. BLANCO CALVO, “La necesidad de la cultura en la mujer y medios de propagarla”, La Región, 22-2-1918, p. 1.


"Asamblea Rexional Gallega de Acción Católica Femenina", El Ideal Gallego, 19 de xuño de 1929, p. 1

"Homenaje al orfeón "Unión Orensana", El Eco de Galicia, xuño de 1927, p. 30.

Vida Gallega, 20 de outubro de 1910, p. 12

Blanca tiña tres irmás, Carmen, Delia e Estrella e un irmán. Delia e Estrella faleceron no 1952 e 1953 respectivamente.



_________
Para saber máis ver: Cid Galante, Rosa María, "A Escola Obreira Inmaculada Concepción" http://www.edu.xunta.gal/eduga/1826/nosa-escola/escola-obreira-inmaculada-concepcionCouceiro Freijomil, Antonio, DBBE, Santiago, 1951; El Eco de Santiago, 23 de xullo de 1929 , p. 1; El Eco Franciscano, 1940 febreiro 1; El Heraldo Gallego, 17 de maio de 1925; Esquela, La Región, 29 de decembro de 1940; La Región, 20 de outubro de 1953, p.4; "Blanca Calvo" La Región, 2 de xaneiro de 1940; La Región, 10 de novembro de 1931; La Región 7 de marzo de 1940; La Región, 7 de xullo de 1955Foto de Blanca Calvo en Vida Gallega, nº 255, xullo 1924.
Rexistro da propiedade intelectual