Unen o seu expediente ao dos seus irmáns, Celia, Arturo e Francisco que tamén foron detidos. A causa principal da detención era por ser irmá de Carmen, directamente vinculada, xa entón, aos movementos de resistencia contra o franquismo.
(Fonte: Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1947 a 1949. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2244.Libro 2244. (356)).
Permaneceu no cárcere once meses pois foi posta en liberdade por orde do Gobernador Civil o 24 de decembro de 1949.
(Elaboración propia a partir dos expedientes. Expediente persoal da reclusa Aurora Fernández Seguín.ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.1.//24062/053. Caixa 24062/053. Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1947 a 1949. ES.GA.32054.AHPOU/1.3.2.9.2.2.1.2.2244.Libro 2244. (356))