Foi levada á prisión provincial de O Barco o 5 de setembro de 1945 e así dicía o Comandante Xuíz Instrutor:
Sírvase V.S. retener en esa Prisión de su digna dirección a la reclusa en la misma Cesaria Vega Regueiro encartada en Causa número 384 de 1944 que me hallo instruyendo contra ella y otros por el supuesto delito de complicidad con el elemento huido Antonio López Fernández "EL CORCHAS", siguiéndose por tal motivo las correspondientes actuaciones, en averiguación de la participación de que la mencionada hubiere tener en los hechos de referencia y de las cuales en su día se deducirá lo que debe acordarse....(1).
A Cesárea tomáronlle declaración e segundo outras testemuñas, o instrutor recolleuna nun informe que dicía que arredor do día 24 do mes de maio de 1945 Cesarea Vega e Jesusa Martínez, filla dela, ocultaron nas súa casas ao "atracador rebelde", Antonio López Fernández "EL CORCHAS", protexéndoo e facilitándolle albergue. Polo que, resultado:
Los hechos relatados revisten los caracteres de un delito de auxilio y protección a huidos rebeldes y atracadores, que proviene y castiga el artículo 55 de la ley de 31 de marzo de 1941..(2).
Por tal motivo, e en aplicación do artigo 585 do Código Castrense, considerouse a prisión preventiva na Prisión Provincial de Ourense.
Cesárea entrará na prisión en maio de 1945 e permanecerá once meses para ser posta en liberdade o 25 de abril de 1946.
Axudar aos fuxidos, como pode observarse, era motivo inmediato de prisión e, como viña sendo habitual, eran as mulleres as que acaban protexendo e agochando aos homes perseguidos. Cómpre saber un pouco acerca de quen era Antonio, "El Corchas".
El Corchas naceu no pobo de Mazo, Vilamartín de Valdeorras. Era xastre e tamén vendía peixe e era militante da CNT. Formou parte do Consello de Arturo López Delgado que era xefe dunha unidade da Federación de Guerrilleros de Galicia e León (A guerrilla de Arturín). Tan pronto como comezou a guerra, Antonio foi preso e declarado rebelde pero logrou escapar. Cando rematou a guerra entregouse ás autoridades e estivo no cárcere de O Barco pero volveu escapar cando o ían trasladar ao cárcere de Ourense. Estivo no monte facendo resistencia. Neste tempo, Cesarea colaborou con el e agochouno na súa casa nalgunha ocasión. Pero captúrano e procésano e, en novembro de 1945 foi asasinado por querer violar a unha moza.