Tiña 15 anos cando realizou o exame de ingreso na Normal de Ourense o 5 de xuño de 1929. En dito exame desenvolveu o tema: Los grandes organismos del Estado. Poder legislativo, ejecutivo, judicial y moderador. Forma de Gobierno en España ¿Quienes son españoles?.(1)
A continuación matriculouse nos cursos de maxisterio facendo os dous primeiros pola opción non oficial pois Josefa residía en A Gudiña onde estaba destinado seu pai. O curso de terceiro e cuarto xa o realizou pola opción oficial. Recibiu clases de Vicente Risco e realizou un traballo para a materia de Xeografía sobre a Gudiña (hoxe depositado na Fundación Vicente Risco).
Finalizou a carreira en 1933, expedindo o título o 8 de xullo. Matriculouse na Academia Xesta para preparar os Cursiños de Selección Profesional e superounos con éxito. No 1934 apuntouse na lista para cubrir interinidades e comeza a percorrer diferentes escolas da provincia. En 1954 concedéronlle a vacante no Barco de Valdeorras e alí permaneceu durante moitos anos. En 1968 sacou a especialización dos cursos de sétimo e oitavo.
(1) AUVIGO. Expediente Académico. Resto da información a través da hemeroteca.