RECANTO DE REFLEXIÓNS

14 julio 2024

CLAUDIA RODICIO PÉREZ

Clara Rodicio naceu o 13 de febreiro de 1913 en Cagide de Parada do Sil. Era filla de Pío Rodicio e de Teresa Pérez. Fixo o exame de ingreso na Escola Normal de Ourense o 5 de xuño de 1929 no que desenvolveu o tema Los grandes organismos del Estado. Poder legislativo, ejecutivo, judicial y moderador. ¿Quienes son españoles? Formas de gobierno en España.

Obtivo unhas notables cualificacións destacando en Teoría e Práctica da lectura; Caligrafía; Relixión e Moral, Nocións de Aritmética e Xeometría; Historia da Idade Media, Nocións artísticas, Xeografía de España, Pedagoxía, Lexislación, Prácticas e Economía Doméstica (1). 

Mentres era estudante da Normal residía en Ourense e vivía no número 13 da rúa Correxidor pero os veráns pasábaos no seu pobo onde había a tradición de xogos populares. Un deles era o Xogo dos Bolos sobre o que Claudina escribiu uns versos en 1930 e que din:

“Carreiriña tan gallarda ,
por tu gracia y tu belleza
eres lugar preferido
de los mozos de mi aldea.

Los domingos y festivos
en cuanto acaba la misa
suben corriendo la cuesta
para jugar la partida.

¡Cuanta emocion! cuantas risas!
hay hecha, noble contienda,
nunca se enfadan en serio,
compiten , mas con nobleza.

Se termina la jugada,
la gente al pueblo regresa,
y los bolos en la caja
descansan tras la pelea.

Y es que el juego de los bolos
distintivo de mi aldea
tan solo en la Carreiriña
tienen toda su belleza, (2)

Xa é sabido que Vicente Risco mandaba realizar traballos ao alumnado sobre aspectos xeográficos e etnográficos dos seus pobos. Pois ben, Claudia fixo un traballo manuscrito sobre os animais da comarca de Parada de Sil. Dito traballo está depositado na Fundación Vicente Risco.

Cando rematou a carreira en 1933 Claudina enviou o 17 de xullo  á dirección da Normal unha solicitude para tomar parte nos próximos cursiños de selección profesional.  Despois en decembro saíron as puntuacións e Claudia foi unha das seleccionadas pois obtivo un total de 123,5 puntos nos exercicios. En febreiro de 1934 entra nas listas de interinidade

En 1934 déronlle praza para Extremadura (3). Pero logo regresou a Ourense e estivo na escola de Encomienda no concello de Trives. Pero en febreiro de 1940 a Superioridade trasladoulle a noticia de que debía trasladarse á escola vacante de Navalmoral de la Mota na provincia de Cárceres por "conveniencias del servicio" .

(Fonte. Galiciana. La Región, 17 de febreiro de 1940. p. 2)

Elaboración propia. (1) AUVI. Expediente académico de Claudia Rodicio. (2) Juan-J. Garcia-Rodicio. (2019). XOGO DE BOLOS DE PARADA DO SIL. O CONTO DO XOGO E OS MESTRES EN PARADA DE SIL. 2011. Academia.edu. https://www.academia.edu/9204831/XOGO_DE_BOLOS_DE_PARADA_DO_SIL_O_CONTO_DO_XOGO_E_OS_MESTRES_EN_PARADA_DE_SIL_2011 (consultado o 19 de xuño de 2024.) (3) Magisterio Español, 29 de septiembre de 1934, p. 22.
Vid: Galicia, 30 de decembro de 1933, p. 6; La Región, 10 de xaneiro de 1940, p. 2; La Región,17 de febreiro de 1940, p. 2.